Península do Barbanza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 11:
A extensión dos concellos é, aproximadamente, de 468 km², nos que se concentra unha poboación moi elevada: 94 931 {{cando}}. Isto dá unha alta densidade de poboación: 202,8 hab/km². Esta alta densidade de poboación, porén, parece non afectar demasiado á fauna e flora do lugar, pois mesmo no concello de Ribeira, o máis poboado, atópase o parque natural das [[Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán|dunas de Corrubedo]]; así como hai outras moitas zonas relativamente virxes, especialmente no concello de Porto do Son e Lousame, onde hai zonas con baixas densidades de poboación.
 
A península do Barbanza é un lugar onde se poden atopar moitos ríos, algúns bastante caudalosos, coma o [[río Sieira]] ou o [[río Barbanza]]. Pero, indubidablemente, o maior río que pasa polo Barbanza, é tamén un dos maiores de Galicia, é o [[Río Tambre|Tambre]], que pasa polo concello de Lousame e desemboca no de Noia.
 
No apartado económico, pódese salientar a grande industrialización de [[Ribeira, Ribeira|Santa Uxía]], capital de Ribeira; a vila de Noia, onde se atopa unha grande cantidade de comercios; e a vila de Boiro, coñecida tanto pola súa importante [[industria conserveira]] así como pola gran cantidade de establecementos de hostalería. Son importantes tamén núcleos urbanos que non son capital de concello, por exemplo, os que rodean Santa Uxía ([[Palmeira, Ribeira|Palmeira]], [[Aguiño, Ribeira|Aguiño]]...) ou [[Portosín, Goiáns, Porto do Son|Portosín]], no concello de Porto do Son.