Prostitución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
Liña 72:
 
== Tipos de prostitución ==
[[Ficheiro:(Albi) Au Salon de la rue des Moulins - Henri de Toulouse-Lautrec 1894 MTL.inv180( small).jpg|miniatura|300px|Interior dun bordel, pintura de [[Henri de Toulouse-Lautrec]].]]
Tradicionalmente a prostitución exerceuse en sitios destinados exclusivamente a esta fin, chamados '''bordeis'''. Estes foron habitualmente casas rexentadas por unha persoa, nas que hai mulleres ou homes, segundo a orientación do lugar, e habitacións privadas onde se atende ós clientes. A oferta de servizos sexuais faise tamén na rúa, así como nalgúns [[bar (establecemento)|bares]] e [[club nocturno|clubs nocturnos]]. Nas últimas décadas, co aumento e diversidade de medios de comunicación e publicidade, os métodos de oferta chegaron ás cabinas de teléfonos públicos (fotos con teléfonos), anuncios en prensa e Internet, e ata anuncios na TV (estes xeralmente só a altas horas da noite). Finalmente, tamén se realizan servizos a domicilio e nalgúns [[hotel|hoteis]].