Éuscaro batua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Alvarez»
m Alvarez e Jose Luis, sen acentuar (consonte normas ort. eus) wiki https://eu.wikipedia.org/wiki/Txillardegi
Liña 31:
Grazas a un relativo ambiente de tolerancia por parte do réxime [[franquista]], algunhas das primeiras [[ikastola]]s legalizábanse como "escolas parroquiais" e miles de adultos asistían ás clases nocturnas para a [[euskaldunización]] e [[alfabetización]] coñecidas como ''[[gau eskolak]]''. Publicacións como [[Euzko Gogoa]], [[Zeruko Argia]], [[Yakin]] e [[Anaitasuna]] foron a escola dunha xeración de escritores que desexaba estender os dominios do éuscaro mais alá dos límites impostos tradicionalmente. Todo isto, xunto co cambio no modo de vida e a mentalidade dos vascos, fixo xurdir a demanda dunha unificación lingüística. Queríase garantir o uso do éuscaro en todos os ámbitos públicos, desde a educación básica ata a universidade. Os escritores e profesionais do ensino empezaron a esixir á academia que ditase normas exactas sobre o éuscaro escrito.
 
[[Koldo Mitxelena]], [[Jose LuísLuis ÁlvarezAlvarez Enparanza]] ''[[Txillardegi]]'', [[Gabriel Aresti]], Fr. [[Luís Villasante]], [[Jon Etxaide]] e [[Jon Mirande]], entre outros, foron os pais da criatura. No [[Congreso de Arantzazu]] (''Arantzazuko Biltzarra'') celebrado en 1968 e convocado pola Academia da Lingua Vasca, establecéronse as liñas mestras do que despois sería o éuscaro batua, tomando como eixo central o relatorio presentado por [[Koldo Mitxelena]], a cal quería buscar a unificación "na base biolóxica e sociolóxica da lingua".
 
No momento actual (2007) considérase que o proceso de unificación atópase inacabado. O proxecto do ''[[Euskal Hiztegi Batua]]'' (Dicionario do Léxico Unificado) aínda non chegou ao seu fin e algúns aspectos da terminoloxía científica seguen sen estar plenamente consensuados.