Diferenzas entre revisións de «Xosé María Barreiro»

sen resumo de edición
m (Engadidos)
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:La Virgen de la Roca. Apropósito lírico.jpg|miniatura|''La Virgen de la Roca. Apropósito lírico''.]]
Dirixiu en [[Baiona]] os periódicos ''[[El Valle Miñor]]'' ([[1902]]) e ''[[El Miñor]]'' ([[1904]] a outubro de [[1905]]). Foi redactor de ''[[Faro de Vigo]]''. Escribiu o drama en verso ''Gente de Mar'', estreado en Baiona en 1907, ''La Virgen de la Roca. Apropósito lírico en tres cuadros y en verso'' (1910) estreado en Vigo en 1911 con música de Angel Rodulfo, e ''Un conto'', diálogo en galego escrito para [[Hipólito Reguenga]] e [[Castelao]]. En [[1910]] dirixiu ''[[Heraldo de Bayona]]'' e en [[1914]] o periódico agrarista e anticaciquil ''[[El Pueblo (Baiona)|El Pueblo]]'', e participou no II Congreso Agrario Provincial de Pontevedra (1915). ''El Pueblo'' foi pechado en 1916 e José María foi condenado a catro anos de desterro por supostas inxurias a un crego. Axudado pola Sociedad Miñorana de [[Montevideo]], emigrou a América, fundou a Casa de Galicia de Montevideo e dirixiu no Uruguai o semanario ''[[Tierra Gallega (Montevideo)|Tierra Gallega]]'' ([[1917]]) e ''[[Galicia Nueva (1918)|Galicia Nueva]]'' ([[1918]]). En Montevideo representou ''Gente de Mar'', ''La Romería de San Roque'', ''Pan Quente'', comedia de costumes e varias veces a zarzuela ''La Virgen de la Roca''. Tamén asinou algunhas das súas colaboracións co pseudónimo '''Franco del Todo'''. É tamén autor dun documental sobre costumes e paisaxes de Galicia en 1918. Gravemente enfermo, regresou a Baiona, onde finou en novembro de 1923.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |artigo=Rodríguez Barreiro, Xosé María |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=3 |páxina=177 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita libro |ligazónautor=Antonio Couceiro Freijomil |apelidos={{Versaleta|Couceiro Freijomil}} |nome=Antonio |ano=1951-53 |título=[[Diccionario bio-bibliográfico de escritores]] |volume=I |páxina=127 |editorial=[[Editorial de los Bibliófilos Gallegos|Bibliófilos Gallegos]] |lingua=Es }}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Fernández del Riego}} |nome=F. |ligazónautor=Francisco Fernández del Riego |edición=2ª |título=[[Diccionario de escritores en lingua galega]] |editorial= [[Ediciós do Castro|Do Castro]] |ano=1992 |ano-orixinal=1990 |páxina=506 |isbn=84-7492-465-0 |ref=harv }}
* {{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor=Dolores |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=1995 |título=[[Diccionario da literatura galega]]. Autores |volume=I |páxina= |localización=[[Vigo]] |editorial=[[Editorial Galaxia]] |isbn=84-8288-019-5 |ref=harv }}
=== Ligazóns externas ===
* Pérez Leira, Lois (26/11/2000). [https://web.archive.org/web/20130501093305/http://www.galizacig.com/actualidade/200011/xose_maria_barreiro.htm Xosé María Barreiro: Periodista, agrarista, fundador da Casa de Galiza de Montevideo] Enciclopedia da Emigración.
 
{{Control de autoridades}}
204.160

edicións