Florianópolis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Reemplazos con Replacer: «pobación»
Liña 36:
Os primeiros habitantes da rexión de Florianópolis foron os [[Amerindio|indio]]s tupis-guaranís. Practicaban a [[agricultura]], mais tiñan na [[pesca]] e colleita de [[moluscos]] as actividades básicas para a súa subsistencia. Os indicios da súa presenza atópanse nos sambaquis e sitios arqueolóxicos. Os rexistros máis antigos datan de 4800 a.C.
 
Xa no inicio do [[século XVI]], había embarcacións que se abastecían de auga e víveres. En [[1675]] Francisco Dias Velho dá inicio ó pobaciónpoboación da illa con europeos coa fundación da Nosa Señora do Desterro (actual Florianópolis) - segundo núcleo de poboamento máis antigo do Estado, aínda que formaba parte da vila de Laguna - desempeñando un importante papel político na colonización da rexión. A partir desta data intensifícase o fluxo de paulistas e vicentistas que ocupan outros puntos do litoral. O [[23 de marzo]] de [[1726]], dáselle a categoría de vila, logo do seu separación de Laguna.
 
A illa de Santa Catarina, pola súa posición estratéxica como vangarda dos dominios portugueses no Brasil meridional, pasou a ser ocupada militarmente a partir de [[1737]], cando comezan a ser erixidas as fortalezas necesarias para a defensa do seu territorio. Ese feito resultou ser un paso importante na ocupación da illa. Coa ocupación, prosperaron a agricultura e a industria manufatureira de [[algodón]] e [[liño]], permanecendo, aínda hoxe, físgoas dese pasado no que se refire á confección artesanal da fariña de [[mandioca]] e das rendas de bilro (pequena peza de madeira). Nesta época, mediados do [[século XVIII]], verifícase a implantación de frotas para a pesca da [[balea]], en Armação da Piedade (''Governador'' Celso Ramos) e Armação do Pantano do Sul (Florianópolis), comercializando a Coroa o aceite fóra de Santa Catarina, non tendo beneficio económico a rexión.