Diferenzas entre revisións de «Xépidos»

sen resumo de edición
Os '''Xépidos''' eran un [[pobos xermánicos|pobo xermano]] procedente do baixo [[Río Vístula|Vístula]] e que se asentaron en [[Transilvania]].
 
Foron dominados polos [[hunos]] e combateron xunto a [[Atila]] na [[Batalla dos Campos Cataláunicos]] ([[451]]).
 
Trala morte de [[Atila]], os xépidos ao mando do seu rei [[Ardarico]] rebeláronse contra os [[hunos]], aliáronse aos [[ostrogodos]] e [[hérulos]] para derrotaren aos fillos de Atila na beira do río [[Batalla de Nedao|Nedao]].
 
No ano [[565]], estalou a guerra entre [[longobardos]] e xépidos, quen, ante a superioridade dos longobardos, buscaron axuda do emperador [[Xustino II]] prometendo entregar a cambio a cidade de [[Sirmium]] (actual [[Sremska Mitrovica]] en [[Serbia]]).
 
Os longobardos foron derrotados e o rei xépido [[Cunimundo]] non cumpriu a súa promesa e retivo Sirmium, Os longobardos entón aliáronse aos [[ávaros]] e derrotaron totalmente aos xépidos matando ao seu rei e repartíndose todos os seus territorios cos ávaros.
24.372

edicións