Kavafis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
O mundo que Kavafis presenta é [[decadentismo|decadente]], mais non o fai á moda da poesía europea da época, senón inspirándose no mundo pagán-cristián que esmorecía en Alexandría para mistificar ou sublimar as súas emocións persoais. Os seus poemas son retratos concisos mais íntimos de sociedades e personaxes, reais ou literarios. A [[homosexualidade]] e a [[saudade]] figuran entre os seus temas característicos: o amor homosexual, cantado ás veces con acentos violentamente sensuais ou con nostalxia e tristura, a imposibilidade de reter a beleza, a historia como terreo de enfrontamento entre o home e o destino, e a evocación mítica con tons de austeridade [[estoicismo|estoica]].
 
Desde a súa morte, a súa reputación non fixo senón medrar, e actualmente está considerado como un dos mellores poetas gregos modernos.

=== Traducións ao galego ==
[[Yolanda Vilarchao]] traduciu a súa poesía ao galego co título de ''Poemas canónicos'' que publicou en [[2007]] a [[Editorial Rinoceronte]]<ref>[http://bibliotraducion.uvigo.es/bibliotraducion/traduccions_ver.php?id=2447 Ficha] da obra en Editora[[BiTraGa]].</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
==Véxase tamén==