Axuda:Conflito de edición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 2001:8F8:183D:907F:4412:34F7:A8D3:3F02 (conversa); cambiado á última versión feita por Mtarch11
Etiquetas: Reversión Revertida SWViewer [1.4]
Sen resumo de edición
Etiquetas: Reversión manual Revertida edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 1:
{{outros homónimos|para=desacordos de edición entre os editores|Wikipedia:Guerra de edicións}}
{{Páxina informativa|A:CONFLITO}}
{{resumo|Esta páxina de axuda trata o problema técnico producido pola edición simultánea da mesma páxina por parte de varios editores, resultando nun conflito que o software non pode resolver automaticamente.}}
Esta páxina trata dos '''conflitos de edición''' e de como resolvelos. Para comprender en que consiste un conflito de edición, considérese a seguinte situación:
* Maruxa preme na lapela "Editar" dunha páxina.
* Xan preme na lapela "Editar" da mesma páxina, mentres Maruxa está editando.
* Maruxa remata as súas modificacións e preme no botón "Gardar a páxina". A páxina gárdase coa versión de Maruxa mentres Xan está aínda editando.
* Xan remata as súas modificacións e preme no botón "Gardar a páxina". Xan recibe unha páxina de advertencia dicíndolle que se produciu un "'''conflito de edición'''", porque o software non puido xestionar as diferenzas entre as versións da páxina feitas por Maruxa e Xan. A páxina do conflito de edición dálle a Xan a posibilidade de mesturar as diferenzas manualmente.
 
==A páxina do conflito de edición==
Na parte superior da páxina do conflito de edición aparece unha caixa de edición coa versión de Maruxa, mesmo se Xan está a traballar só nunha das seccións.