Diferenzas entre revisións de «Julien Offray de La Mettrie»

Sem resumo de edição
 
 
== Traxectoria ==
Nado no senoseo dunha familia de comerciantes, foi educado cos xesuítas e estudou medicina en [[París]] e [[Reims]]. Despois de estudar teoloxía e ser un fervente xansenista, marchou a [[Leiden]] en [[1733]], e, baixo a guía do famoso médico e fisiólogo [[Herman Boerhave]], seguidor das doutrinas de [[Spinoza]], dedicouse a estudar medicina; isto conduciuno ao materialismo, ao que lle daría a forma máis sistemática e lóxica. Médico militar en París en [[1742]], enemistouse con todos os seus colegas a causa dalgúns despectivos textos polémicos.
 
A súa primeira obra filosófica, ''Historia natural da alma'', foi publicada en [[1745]] na Haya, por conflitos cos medios eclesiásticos tivo que saír de Francia. Causou polémica a súa interpretación materialista dos fenómenos físicos, que o levou a negar a existencia de Deus e a alma humana. Refuxiado nos [[Países Baixos]], foi igualmente expulsado deste país trala publicación do seu libro ''[[O home máquina]]''. Finalmente viuse ben acollido na corte de [[Frederico II de Prusia]], da que foi médico, quen o introduciu na Academia de Berlín. Porén, pouco despois e de forma inesperada, faleceu dunha indixestión.
 
== Pensamento ==
O mecanicismo radical quedou exposto na obra ''[[O home máquina]]'', ensaio no que interpreta o [[pensamento]] como o resultado da acción dos compoñentes do cerebro e propón unha continuidade entre os animais e o home. Tamén propuxo considerar a certos criminais como enfermos. Tipicamente ilustrado, o seu pensamento pon unha fe sen límites no progreso científico e ataca con saña a relixión e a ignorancia médica. Entre as súas obras de medicina destaca ''Observacións de medicina práctica''.
344.391

edicións