Mercado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: arranxiños
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «minoristas»
Liña 5:
O '''mercado''', en [[economía]], é calquera conxunto de transaccións, acordos ou intercambios de mercadorías (bens e/ou servizos) entre compradores e vendedores. En contraposición cunha simple [[venda]], o mercado implica a existencia dun comercio regular e regulado, dándose unha certa [[Competencia profesional|competencia]] entre os participantes. O mercado xorde desde o intre en que se unen grupos de vendedores e compradores ([[concorrencia]]), e permite que se articule o [[lei da oferta e da procura|mecanismo da oferta e da procura]]; de feito, mercado é tamén o lugar onde se compran e venden bens. Os primeiros mercados da historia funcionaban mediante o [[troque]]. Tras a aparición do [[diñeiro]], empezáronse a desenvolver códigos de comercio que, finalmente, deron lugar ás modernas [[empresa]]s nacionais e internacionais. Á medida que a produción aumentaba, as comunicacións e os intermediarios empezaron a desempeñar un papel máis importante nos mercados.
 
Entre as distintas clases de mercados podemos distinguir os mercados polo miúdo ou minoristasretallistas, os mercados por xunto ou distribuidores, os mercados de produtos intermedios, de materias primas e os mercados de accións ([[Bolsa de valores|bolsas de valores]]).
 
O termo mercado tamén se emprega para se referir á demanda de consumo potencial ou estimada.