The Maine Woods: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Temática: Arranxos varios
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia e características ==
A primeira edición do libro data do 1864<ref name="library">{{cita libro|apelidos=Thoreau, Henry David|título=A Week on the Concord and Merrimack Rivers; Walden, or life in the Woods; The Maine Woods; Cape Cod|isbn=0-940450-27-5|editor=The Library of America}}</ref>, trala nortemorte do autor. Esta edición foi preparada por ''Ellery Channing'' e ''Sophia Thoreau''. Esta edición consistía en tres capítulos e un apéndice de termos técnicos. Aínda que os tres primeiros capítulos son completamente independentes, o autor tiña unha visión unitaria de todos eles<ref name="library" />. Estes narran as tres viaxes de exploración que o autor realizou a través das forestas de [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]] nos anos 1846, 1853 e 1857<ref name="library" />.
Os dous primeiros capítulos, ''Ktaadn'' e ''Chesuncook'', foran publicados previamente en diarios, mais Thoreau revisounos profundamente para a publicación en formato libro. ''Ktaadn'' foi publicado no 1848 no diario ''Union Magazine'' de ''John Sartain''<ref name="library" />. O volume ''Chesuncook'' fóra publicado no 1858 na revista ''Atlantic Monthly'' de ''James Russell Lowell''<ref name="library" />. As dúas últimas partes, ''The Allegash and East Branch'' e o apéndice de termos técnicos, foron publicados por vez primeira na primeira edición, non sendo revisada polo propio autor. Debido a isto téñense observado erros e incongruencias, especialmente referentes a termos botánicos, vocábulos dos idiomas indíxenas ou disrupcións xeográficas e temporais no transcurso da viaxe<ref name="library" />. Estes erros foron corrixidos en edicións sucesivas<ref name="library" />.