Emma Goldman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 29:
Á idade de sete anos, Goldman mudouse coa súa familia á cidade prusiana de [[Kaliningrado|Königsberg]] (entón parte do [[Imperio alemán]]), e inscribiuse nunha escola estatal de secundaria. A escola foi un lugar onde abondaban os abusos. Así, un mestre castigaba os estudantes desobedientes, especialmente a Goldman, golpeándolles as mans cunha regra; igualmente, outro mestre trataba de abusar das súas alumnas mais foi despedido cando Goldman se defendeu. Por outra banda, tamén atopou un mentor comprensivo no seu mestre de [[lingua alemá]], quen lle prestou os seus libros e a levou a unha [[ópera]]. Goldman, que era unha estudante apaixonada, aprobou o exame de admisión no instituto, mais o seu profesor de relixión negouse a proporcionarlle un certificado de boa conduta impedindo así que fose admitida.<ref>Drinnon (1961), pp. 6-7</ref>
[[Ficheiro:Nikolay Chernyshevsky.jpg|esquerda|miniatura|186x186px|A obra de Chernyshevsky foi unha grande influencia en Goldman.]]
Ao pouco, a familia mudouse á cidade rusa de [[San Petersburgo]], onde o seu pai abriu unha tenda tras outra sen éxito. A pobreza obrigou os nenos a traballar, e Goldman tomou unha variedade de traballos, incluído un nunha tenda de corsés.<ref>Chalberg (1991), p. 15</ref> Daquela, Goldman rogoulle ao seu pai que lle permitise regresar á escola, pero no seu lugar botou o seu libro de francés ao lume e gritou: "As rapazas non teñen que aprender moito! Todo o que unha filla xudía necesita saber é como preparar o peixe recheo, curtarcortar os fideos ben e darlle ao home moitos nenos ".<ref>Goldman (''Living'', 1970), p. 12</ref>
Con todo, Goldman procurouse unha educación independente pola súa conta e, axiña, comezou a estudar a situación política ao seu redor. Estaba, especialmente, interesada nos [[nihilistas]], responsables de asasinar a [[Alexandre II de Rusia]]. A confusión resultante intrigou a Goldman, aínda que ela non acabade de comprender a situación política desa época. Foi coa lectura da obra Что делать (1863) -en [[Lingua galega|galego]], ''Que se debe facer''?- de [[Nikolai Chernyshevskii]] cando atopou un modelo a seguir na protagonista, Vera. A partir da lectura, Goldman, adopta a filosofía nihilista e escapa da súa represiva familia para vivir libremente e organizar unha cooperativa de costura. O libro cativou a Goldman e seguiu sendo unha fonte de inspiración durante toda a súa vida.<ref>Wexler (1984), pp. 23-26</ref>