Emma Goldman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
m →‎Adolescencia: Arranxiño
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 27:
Cando Emma era nena, a familia Goldman mudouse ao pobo de Papilė (tamén en Lituania), onde o seu pai dirixía unha pousada. Mentres as súas irmás traballaban, fíxose amiga dun criado chamado Petrushka, quen espertou os seus "primeiros sentimentos eróticos".<ref>Goldman (''Living'', 1970), p. 20</ref> Máis tarde, aínda en Papilė, viu a un campesiño sendo azoutado cun látego na rúa. Este evento traumatizouna e contribuíu ao seu desagrado para sempre pola autoridade violenta.<ref>Goldman (''Living'', 1970), p. 28</ref>
 
Á idade de sete anos, Goldman mudouse coa súa familia á cidade prusiana de [[Kaliningrado|Königsberg]] (entón parte do [[Imperio alemán]]), e inscribiuse nunha escola estatal de secundaria. A escola foi un lugar onde abondaban os abusos. Así, un mestre castigaba os estudantes desobedientes, especialmente a Goldman, golpeándolles as mans cunha regra; igualmente, outro mestre trataba de abusar das súas alumnas mais foi despedido cando Goldman se defendeu. Por outra banda, tamén atopou un mentor comprensivo no seu mestre de [[lingua alemá]], quen lle prestou os seus libros e a levou a unha [[ópera]]. Goldman, que era unha estudante apaixonada, aprobou o exame de admisión no instituto, mais o seu profesor de relixión negouse a proporcionarlle un certificado de boa conduta impedindo, así que fose admitida.<ref>Drinnon (1961), pp. 6-7</ref>
[[Ficheiro:Nikolay Chernyshevsky.jpg|esquerda|miniatura|186x186px|A obra de Chernyshevsky foi unha grande influencia en Goldman.]]
Ao pouco, a familia mudouse á cidade rusa de [[San Petersburgo]], onde o seu pai abriu unha tenda tras outra sen éxito. A pobreza obrigou os nenos a traballar, e Goldman tomou unha variedade de traballos, incluído un nunha tenda de corsés.<ref>Chalberg (1991), p. 15</ref> Daquela, Goldman rogoulle ao seu pai que lle permitise regresar á escola, pero no seu lugar botou o seu libro de francés ao lume e gritou: "As rapazas non teñen que aprender moito! Todo o que unha filla xudía necesita saber é como preparar o peixe recheo, curtar os fideos ben e darlle ao home moitos nenos ".<ref>Goldman (''Living'', 1970), p. 12</ref>