Aureliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Reemplazos con Replacer: «mts»
Liña 20:
Xa dende un primeiro intre, entregouse ó labor de loitar, e asegurar as fronteiras, trasladándose constantemente dunha fronteira a outra para rematar coa situación. Grande estratego, os seus soldados dicían del que tiña man de "''ad ferrum''", foi vencendo pouco a pouco os seus inimigos e fortalecendo as fronteiras do Imperio.
 
A primeira gran loita á que tivo que facer fronte foi contra dos [[Xutungos]], un pobo [[alamán]], que invade Italia, e venceu os romanos. Aureliano deixou pasar o tempo para que volvesen sobre as súas costas, e así foi, fóronse desfacendo en pequenos grupos, o que levou ós romanos á tarefa de vencelos un a un. Unha vez rematada a tarefa, foi a Roma e rodeou a cidade cunha impresionante muralla de máis de 18 Km de lonxitude, con alturas que van dende os 10 aos 20 mtsm, mais de 56 torres de vixilancia e unha anchura de preto de seis metros. Era a primeira vez en 5 séculos que Roma tiña muralla, un bo sinal da mudanza dos tempos. Esta muralla, da cal aínda quedan pegadas na cidade eterna, coñécese polo nome de muralla de Adriano, inda que foi rematada polo emperador [[Probo]].
 
Posteriormente enfróntase a intrunxios, sarmatas e vándalos, poñendo orde no imperio. Pero no [[272]], os godos invaden [[Iliria]] e [[Tracia]], e Aureliano perségueos ata o [[Danubio]], onde os vence morrendo nesta guerra o seu rei [[Cannabaudes]]. Decidido a poñer orde no imperio, traslada tódolos romanos da provincia da [[Dacia]], abandonándoa para sempre, despois de século e medio que facía que fora conquistada por [[Traxano]]