Diferenzas entre revisións de «Hoël I da Bretaña»

ampliación
(1ª edición con info. da wiki en castelán.)
 
(ampliación)
}}
'''Hoël I da Bretaña''' (en {{lang-br|Hoel Iañ}}), finado en [[981]], foi un [[nobre]] [[Pobo bretón|bretón]] que foi [[Condado de Nantes|conde e Nantes]] e [[Ducado da Bretaña|duque da Bretaña]] desde [[960]] a [[981]].
 
{{en progreso}}
== Traxectoria ==
Hoël era un fillo ilexítimo de [[Alan II da Bretaña]] e Iudith.<ref>Segundo a ''Chronique de Nantes, "Hi nompe progenitiex nobili matre, nomine Judith, exctiterant, antequam Alanus praefatus sororem Theobaldi comitis Blesensis in uxorem duceret".</ref> Á morte de [[Drogón da Bretaña|Drogón]], irmán de Hoël e de [[Guerech da Bretaña|Guerech]], o goberno do [[ducado da Bretaña]] dispersouse entre os principais [[nobre]]s. A proba deste liderado roto está nas cartas do [[papa]] [[Xoán XIII, papa|Xoán XIII]] a Bretaña, dirixidas a [[Judicael Berengario]] e ao seu fillo [[Conan I da Bretaña|Conan I]], así como a Hoël e ao seu irmán [[Guerech da Bretaña|Guerech]].<ref>Barthélémy-Amédée Pocquet du Haut-Jussé: [https://www.tudchentil.org/spip.php?article520 ''Les Papes et les Ducs de Bretagne'']. Publicado en 1928 pola éditions De Boccard, Paris. (Hoëdic na páx. 511).</ref>
 
En [[975]] Hoël entrou en conflito con Conan, [[Condado de Rennes|conde de Rennes]], e duque eventual da Bretaña tras o goberno de Hoël e o seu hermano Guerech. Conan controlaba o norte da Bretaña considerábase o gobernante de todo o país. O exército de Hoël estaba reforzado con tropas de [[Godofredo I de Anjou]], mentres que as forzas de Conan I apoiábanas a [[Casa de Blois]].<ref>Conan I era vasalo de Teobaldo I de Blois.</ref> Tivo lugar unha batalla en [[Conquereuil]] na que Godofredo derrotou a Conan I, a pesar de que o resultado militar da batalla foi indeciso, xa que constan resultados diferentes nas Crónicas de Nantes e Mont St Michel.<ref>En fait l’issue du combat fut très indécise: victoire nantaise pour la Chronique de Nantes et victoire rennaise pour celle du Mont-Saint-Michel: Anno DCCCCLXXXI.</ref>
 
En [[981]] Hoël apoiou ao seu imán Guerech para que fora elixido bispo de Nantes en substitución de Gauthier I, que morrera.
 
== Familia ==
Descoñécese o nome da cónxuxe de Hoël I. Tivo polo menos dous fillos coñecidos:
* Judicaël (c. 979 - 1004) - Conde de Nantes e pai de Budic e Iudith de Nantes
* Hoël
 
== Morte ==
En [[981]], durante unha visita de Guerech ao Metropolitano de Tours, que controlaba todos os bispos da Bretaña, Hoël foi asasinado por Galuron, por orde de Conan I. Guerech deixou seu bispado de Nantes antes de ser consagrado bispo, e foi elixido Conde de Nantes.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Chédeville, André & Noël-Yves Tonnerre (1987): ''La Bretagne féodale XI<sup><small>e</sup></small>-XIII<sup><small>e</sup></small> siècle''. Ouest-France: Université Rennes. ISBN 27-373-0014-2.
* Quaghebeur, Joëlle (2002): ''La Cornouaille du IX<sup><small>e</sup></small> au XII<sup><small>e</sup></small> siècle. Mémoire , pouvoirs, noblesse''. Rennes: Presses Universitaires de Rennes. ISBN 2-8684-7743-7.
* Tonnerre, Noël-Yves (1994): ''Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIII<sup><small>e</sup></small> à la fin du XII<sup><small>e</sup></small> siècle'' Angers: Presses de l'Université d'Angers. ISBN 2-9030-7558-9.
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k55624v ''La chronique de Nantes (570 environ-1049)''] {{fr}}.
{{monarcas da Bretaña}}
 
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nobres de Francia]]
[[Categoría:Historia da Bretaña]]
[[Categoría:Finados en 981]]
35.316

edicións