Amancio Amaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «mediáticos»
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Liña 62:
 
=== Esplendor no Real Madrid (1962-1976) ===
Tras dúas reunións fracasadas, onde o Deportivo fixou unha alta cantidade para o traspaso, non foi senón pola insistencia do entón presidente madridista [[Santiago Bernabéu]] pola que se consumou finalmente a fichaxe do xogador coruñés.​ 12 millóns de pesetas e a cesión de tres xogadores ([[Miguel García Martín|Miché]], [[Antonio Ruiz Cervilla|Antonio Ruiz]] e [[Antonio Betancort|Betancort]]) foi o prezo final que o presidente asinou, coa oposición da xunta directiva e social que descoñecía os movementos de Bernabéu.​ Foi unha operación arriscada que puxo en perigo a economía do club, nun momento en que esta estaba maltreita.<ref>{{Cita novas|data=9 de novembro de 2014|título=Amancio convierte a Puskas en suplente|url=https://elpais.com/deportes/2014/11/09/actualidad/1415551382_322979.html|data-acceso=28 de outubro de 2020|lingua=es|xornal=[[El País]]|apelidos=Relaño|nome=Alfredo}}</ref><ref>{{Cita novas|data=12 de decembro de 2019|título=El otro Cebrián que devolvió al Dépor a Primera dos veces|url=https://galicia.economiadigital.es/directivos-y-empresas/abuelo-cebrian-presidio-el-depor-amancio-ascenso_20018087_102.html|data-acceso=30 de outubro de 2020|lingua=es|xornal=Economía Digital|data-arquivo=06 de novembro de 2020|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20201106001847/https://galicia.economiadigital.es/directivos-y-empresas/abuelo-cebrian-presidio-el-depor-amancio-ascenso_20018087_102.html|url-morta=yes}}</ref>
[[Ficheiro:Real Madrid (1966).jpg|esquerda|miniatura|Aliñación do [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]] [[Liga de Campións da UEFA|campión de Europa]] en 1966. Amancio Amaro, segundo comezando abaixo á esquerda.]]
Xunto con Amancio, no verán de 1962 tamén chegaron ó Real Madrid [[Ignacio Zoco]], [[Lucien Müller]] e [[Yanko Daucik]]. Nesa época o equipo vivía unha etapa de transición, xa que anos atrás destacara tanto en España como en Europa. Tras xogar un amigábel en [[Accra]] contra a [[selección de fútbol de Ghana]], Amancio debutou en partido oficial fronte ó [[RSC Anderlecht]] na ida da rolda previa da Copa de Europa, cun resultado final de 3-3. Uns días despois debutou en liga fronte ó [[Real Betis]] en [[Sevilla]], marcando o seu primeiro gol co Real Madrid, así como o seu primeiro gol na máxima categoría, para facer o 2-3 que poñía por diante ao seu equipo, antes de que [[Ferenc Puskás]] marcase outros dous goles do seu triplete para facer o 2-5 definitivo. Amancio era xunto ao [[Pobo maxiar|maxiar]] a referencia atacante do equipo adestrado por [[Miguel Muñoz]], e no que o veterano [[Alfredo Di Stéfano]] atrasara a súa posición para encargarse máis do xogo de creación. Conseguiu anotar 15 tantos en 38 encontros da temporada, sendo o segundo máximo realizador do equipo (por detrás de Puskás) e o quinto da liga, que serviron para conquistar o seu primeiro título de liga.