José Ángel Docobo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Licenciouse na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e doutorouse en [[Astronomía]] pola [[Universidade de Zaragoza]], Universidades nas que exerceu como docente e investigador dende 1973. No 1979, ó gañar a oposición a praza de profesor adxunto numerario de Astronomía na [[Universidade de Barcelona]], afíncase alí por curto tempo, trasladándose decontado a GalizaGalicia, concretamente a [[Santiago de Compostela]], para se facer cargo da recuperación física e científica do [[Observatorio astronómico Ramón María Aller]] da USC, naquel intre en situación crítica.
 
En 1983 organiza en Santiago a IV Asemblea Nacional de Astronomía e [[Astrofísica]], sendo asemade dende aquel ano director do observatorio, o que coincide co seu nomeamento como "Ramón María Aller", o seu fundador.