Castelo de Windsor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de en:Windsor Castle

Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Liña 1:
{{en uso}}
[[Ficheiro:Windsor Castle at Sunset - Nov 2006.jpg|miniatura|Castelo de Windsor]]
O '''castelo de Windsor''' é unha residencia real en [[Windsor, Berkshire|Windsor]], no condado inglés de [[Berkshire]]. Está fortemente asociado á familia real inglesa e aá súa sucesora [[familia real británica|británica]] e encarna case mil anos da [[historia da arquitectura]].

O castelo orixinal foi construído no século XI despois da [[invasión normanda de Inglaterra]] por [[Guillerme o Conquistador]]. Dende a época de [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]], foi empregado polo monarca reinante e é o palacio europeo ocupado durante máis tempo continuado. Os luxosos apartamentos estatais do comezo do século XIX do castelo foron descritos polo historiador de arte de principios do século XX [[Hugh Roberts]] como "unha magnífica e inigualable secuencia de cuartos considerada como a mellor e máis completa expresión do gusto xeorxiano posterior".<ref name="Hugh Roberts p.79">Hugh Roberts, ''Options Report for Windsor Castle'', cited Nicolson, p. 79.</ref> Dentro das murallas do castelo atópase a capela de San Xurxo do século XV, definida polo historiador [[John Martin Robinson]] como "un dos logros supremos do deseño do [[gótico perpendicular]] inglés".<ref name="Robinson, p.27">Robinson, p. 27.</ref>

Orixinalmente deseñado para protexer o dominio normando arredor das aforas de [[Londres]] e supervisar unha parte estratexicamente importante do [[río Támese]], foi construído como un [[castelo de mota]], con tres salas que arrodeaban un montículo central. Substituído gradualmente por fortificacións de pedra, o castelo resistiu un prolongado asedio durante a [[Primeira Guerra dos Baróns]] a principios do século XIII. [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]] construíu un luxoso palacio real dentro do castelo durante mediados do século, e [[Eduardo III de Inglaterra|Eduardo III]] foi máis alá, reconstruíndo o palacio para facer un conxunto aínda máis grande de edificios no que se convertería "no proxecto de construción secular máis caro de toda a Idade Media en Inglaterra".<ref name=BrindleKerrP39>Brindle ande Kerr, p. 39.</ref> O deseño central de Eduardo durou durante o [[período Tudor]], durante o cal [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] e [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]] fixeron un uso crecente do castelo como corte real e centro de entretemento diplomático.

O castelo de Windsor sobreviviu ao tumultuoso período da [[guerra civil inglesa]], cando foi usado como sede militar polas forzas parlamentarias e prisión para [[Carlos I de Inglaterra|Carlos I]]. Na [[Restauración (Inglaterra)|Restauración]] da monarquía en 1660, [[Carlos II de Inglaterra|Carlos II]] reconstruíu gran parte do castelo de Windsor coa axuda de o arquitecto [[Hugh May]], creando un conxunto de interiores [[arquitectura barroca|barrocos]] extravagantes. Despois dun período de abandono durante o século XVIII, [[Xurxo III do Reino Unido|Xurxo III]] e [[Xurxo IV do Reino Unido|Xurxo IV]] renovaron e reconstruíron o palacio de Carlos II cun gasto colosal, producindo o deseño actual dos apartamentos do estado, cheos de mobiliario [[rococó]], gótico e barroco. A raíña [[Vitoria do Reino Unido|Vitoria]] fixo algúns pequenos cambios no castelo, que se converteu no centro de entretemento real durante gran parte do seu reinado. O castelo de Windsor foi utilizado como refuxio pola familia real durante as campañas de bombardeo da [[Luftwaffe]] durante a [[segunda guerra mundial]] e sobreviviu a un incendio en 1992. É unha popular atracción turística, un lugar para acoller visitas estatais e o fogar preferido da fin de semana da raíña [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]].

== Arquitectura ==
[[Ficheiro:Windsorcastleplan.png|thumb|upright=1.5|{{div col}}'''A''': Torre Redonda
'''B''': Ala superior
'''C''': Apartamentos de Estado
'''D''': Apartamentos privados
'''E''': Ala sur
'''F''': Ala inferior
'''G''': Capela de San Xurxo
'''H''': Claustro da Ferradura
'''K''': Porta de Henrique VIII
'''L''': Paseo longo
'''M''': Porta normanda
'''N''': Terraza norte
'''O''': Torre de Eduardo III
'''T''': Torre de Recoller{{fin div col}}]]
O castelo de Windsor ocupa un terreo de cinco hectáreas<ref>{{cita web |url=https://www.rct.uk/sites/default/files/Windsor_Castle_Fact_Sheet.pdf |title=Royal Collection Trust – Windsor Castle Fact Sheet|publisher=Royal Collection Trust |access-date=10 de xaneiro de 2021}}</ref> e combina os elementos dunha fortificación, un palacio e unha pequena cidade.<ref>Robinson, pp. 7, 156.</ref> O castelo actual foi creado por unha sucesión de edificacións por fases que culminaron no traballo de reconstrución tralo incendio de 1992.<ref>Nicolson, pp. 3–4.</ref> En esencia é un deseño [[arquitectura xeorxiana|xeorxiano]] e [[arquitectura vitoriana|vitoriano]] baseado nunha estrutura medieval, con elementos [[arquitectura gótica|góticos]] reinventados en estilo moderno. Dende o século XIV, a arquitectura do castelo intentou producir unha reinterpretación contemporánea das antigas modas e tradicións, imitando repetidamente estilos anticuados ou pasados de moda.<ref name="Nicolson, p.123">Nicolson, p. 123.</ref> Como resultado, o arquitecto [[William Whitfield (arquitecto)|William Whitfield]] apuntou a arquitectura do castelo como cunha "cerat calidade ficticia", cos deseños [[pintoresco]]s e góticos xerando "unha sensación de que se está a realizar unha representación teatral", a pesar dos esforzos do século XX de expoñer máis as estruturas máis antigas para incrementar a sensación de autenticidade.<ref>Nicolson, p.78; Brindle ande Kerr, p. 61.</ref> A pesar das críticas, a arquitectura e a historia do castelo proporciónalle un "lugar entre os grandes palacios europeos".<ref>Robinson, p. 156.</ref>

== Notas ==