Cartelle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «nos súas»
Liña 147:
'''A igrexa das Marabillas'''<ref>{{Cita web|url=https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/comarca-da-terra-de-celanova/cartelle/santuariomarabillas/|páxina-web=Galicia Máxica|título=Iglesia y Santuario das Marabillas|data-acceso=14/08/2020|data=03/03/2016}}</ref>, a igrexa, barroca, é de gran sinxeleza. A fachada principal atópase enmarcada en pilastras encostadas, sendo estas o único elemento ornamental. Sobre a porta sitúase un sinxelo frontón, lixeiramente insinuado nas súas volutas, en cuxo centro atopamos unha fornecina coa imaxe da Virxe. Na parte central elévase o campanario, de dous corpos e con contrafortes para alixeirar o seu peso, cuxo empuxe vertical contribúe a dinamizar a fachada. O seu interior destaca pola sinxeleza. No retablo maior sitúase a imaxe da Virxe vestida de dama.
 
'''Igrexa de Sabucedo dos montes'''<ref>{{Cita novas|data=12/12/2018|título=La catedral de Sabucedo|url=https://www.laregion.es/articulo/celanova/la-catedral-de-sabucedo/20181012092310828992.html|data-acceso=16/08/2020|apelidos=Fernández|nome=Laura|xornal=La Región}}</ref>'''.''' Foi construída entre 1895 e 1924. Segundo moitos autores, a obra, abovedada constitúe un exemplo de estilo neogótico<ref>{{Cita web|url=http://vialethes.es/sabucedo-montes-iglesia-neogotica|páxina-web=Sabucedo de Montes|título=Sabucedo de Montes (Cartelle), la mejor iglesia neogótica en el Ourense rural|data-acceso=14/08/2020|nome=Alexander|apelidos=De los Ríos Conde|data=12/12/2018}}</ref>. No seu interior destaca o retablo maior. Formaría coas igrexas do Santo Ángel no Couto e de Santiago das Caldas un terceto senlleiro pola súa localización e calidade<ref>{{Cita novas|data=8/10/2018|título=O sobranceiro neogótico de Sabucedo de Montes|url=https://www.laregion.es/articulo/ourense/sobranceiro-neogotico-sabucedo-montes/20181008091246828142.html|data-acceso=08/08/2021|apelidos=Limia de Gardón|nome=Xabier|xornal=La Región|volume=Arte et alia}}</ref>. A revista viguesa Vida Galega<ref>{{Cita novas|data=15/10/1916|título=Vida Gallega. Ilustración Regional|data-acceso=07/08/2021|número=76}}</ref>, dedicoulle un artigo anónimo a finais de 1916 na que fai unha descrición da igrexa:
 
{{Cita|«La nueva y hermosa parroquial de Sabucedo de Montes será bendecida muy pronto, acaso en este mes. Es uno de los mejores templos orensanos. Mide 40 metros de largo, por 12 de ancho y 27 de alto. Es de estilo ojival y costó más de sesenta mil duros [300.000 de las antiguas pesetas]. Hará imperecedero en su país natal el nombre de aquel preclaro sacerdote que instado varias veces a ello no quiso ser obispo (…)»}}
 
'''Igrexa de San Miguel de Espiñoso'''<ref>{{Cita web|url=https://www.terradecelanova.es/es/historia-patrimonio-recursos-cartelle.htm|páxina-web=Mancomunidad de las Tierras de Celanova|título=Historia, patrimonio y recursos turísticos de Cartelle|data-acceso=14/08/2020}}</ref>'''.''' É unha igrexa barroca construída en 1749 e ampliada en 1780. O seu corpo aparece cuberto cunha estrutura de cemento que substitúe a antiga cuberta de madeira. A capela maior presenta unha bóveda de crucería estrelada. A fachada finalízase cunha espadana e co escudo de armas dos Zúñigas e Biedamas. A decoración vexetal e a flor de lis nas partes inferiores dos capiteis estilizados das pilastras que flanquean a porta de entrada adscriben tipolóxicamente esta fachada ao Mestre Serapio. No seu interior conserva un retablo maior neoclásico así como dous retablos laterais un neogótico con relevos do século XVIII e outro do século XIX e XX.