Serbofobia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 6:
O termo usouse en círculos literarios e culturais desde antes da [[Primeira Guerra Mundial]]. Os escritores [[croata]]s [[Antun Gustav Matoš]] e [[Miroslav Krleža]] describiron algunhas figuras políticas e culturais como "serbófobas" (Krleža no cuarto volume de ''Charlas con Miroslav Krleža'', 1985, editado por Enes Čengić), indicando que percibían un ánimo antiserbio no comportamento desas persoas. Miloš Acin-Kosta, no seu libro ''Draža Mihailović i Ravna Gora'' (''[[Draža Mihailović]] e [[Ravna Gora]]''), dedica unha sección á serbofobia durante a [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Cadik Danon, o [[rabino]] en xefe de [[Iugoslavia]], nunha carta aberta<ref>C. Danon, ''et al.'': Carta aberta solicitando axuda do Comité Xudeu Estadounidense. 1995.</ref> ao [[Comité Xudeu Estadounidense]] en 1995, durante a ''[[Operación Forza Deliberada]]'' da [[OTAN]] durante a [[Guerra de Bosnia]], escribiu sobre un ambiente de "... [[propaganda]] irrestrita antiserbia, que durou nesta guerra, seguindo o modelo nazi, pero con medios máis eficientes e dunha maneira máis custosa e sofisticada [...] Mesmo xuedusxudeus estadounidenses non foron capaces de soportar este veleno propagandístico, [...] eles, que non coñeceron a natureza nazi e racista do dogma serbofóbico. Non identificaban a serbofobia como unha irmá xemelga do [[antisemitismo]]...".
 
== Formas de serbofobia ==