Igrexa de San Pedro de Ansemil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Reemplazos con Replacer: «muslo»
Liña 53:
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel1.JPG|miniatura|esquerda|Capitel esquerdo da fachada occidental.]]
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Capitel2.JPG|miniatura|Capitel dereito da fachada occidental.]]
A '''fachada occidental''' é plana, sen contrafortes e rematada cunha torre de principios do [[século XX]]<ref>Con total seguridade con posterioridade ao ano 1909, ano no que Enrique Campo fixo un debuxo da fachada onde se ve unha espadana de dúas troneiras cun carneiro, e en lugar da ventá rectangular actual unha seteira.</ref>. A ámbolos lados da porta ábrense dúas seteiras fronte as naves menores e unhas fiestras xeminadas de tempos de [[Afonso III de Asturias|Afonso III]], elementos reutilizados do primeiro templo. As arquivoltas descansan sobre dous pares de columnas con [[basa]]s áticas con algunhas alteracións, [[fuste]]s monolíticos, lisos e exentos. Os capiteis máis exteriores presentan motivos vexetais: grandes follas con vértices terminado en espiral a modo de volutas. Os capiteis interiores, o dereito representa dous leóns enfrontados e o esquerdo a un home vestido con túnica e calzado con [[borceguí]] sostendo nas mans sobre o peito un libro aberto. Fáltalle a cabeza. No mesmo capitel tralo home dúas cabezas humanas e aos lados dous homes espidos cunha man nona muslocoxa e outra nos xenitais.
 
Tampouco presentan [[contraforte]]s os muros laterais. O '''muro meridional''' apenas é visible catro metros por ter engadida a capela. No beirado presenta unha decoración con bolas no chaflán da cobixa, con canzorros de follas, cabeza de felino e outra de bóvido. Tamén se abre cunha seteira. O '''muro setentrional''' semella modificado. Carece de cornixa e de seteiras. Ábrese cunha porta alintelada, o lintel un enorme perpiaño presenta traballado un arco de medio punto e inscrito nel un arquiño pentalobulado (con arcos de ferradura) e no seu interior unha cruz grega.