Adelaida del Vasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 37:
En [[1089]] Adelaida, de 14 anos, casou con [[Roxerio I de Sicilia]], de 58 anos, ao tempo que umha irmá casou co fillo ilexítimo de Roxerio, Jordan. Roxerio morreu en [[1101]], e Adelaida gobernou como [[rexente]] de Sicilia durante a minoridade dos seus fillos [[Simón de Sicilia|Simón]] e [[Roxerio II de Sicilia|Roxerio]]. Adelaida era moi xove cando asumiu o cargo de rexente, só tiña 26 anos nese momento.{{sfn|Houben|2002}} Durante seu mandato [[Palermo]] estableceuse como a capital do condado.
 
Case inmediatamente despois de que Adelaida asumira o cargo de rexente estalaron rebelións en partes de [[Calabria]] e [[Sicilia]].{{sfn|Graham|2012}} Os escritos do monxe [[Orde de San Bieito|beneditino]] [[normandos|normando]] [[Orderico Vital]] contan que Adelaida puxo fin a estes episodios de insurxencia con severidade.{{sfn|Houben|2002}} Porén, o uso dunha gran forza para reprimir tales rebelións non danou a súa reputación como gobernante. De feito, a ''Historia de Rogerio I'' do abade Alexander de Telese describe a Adelaida como «unha muller moi prudente, pois exercru os coidados do goberno, e gobernou o condado».{{sfn|Graham|2012}} Unha carta en grego e árabe de 1109 describe a Adelaida como «a gran gobernante feminina, a ''malikah'' de Sicilia e Calabria, a protectora da fe cristiá».{{sfn|Houben|2002}}
 
O fillo maior de Adelaida, Simón, foi entronizado cando tiña nove anos, pero morreu en [[1105]] aos doce anos, deixando a Adelaida como rexente até que o pequeno Roxerio, de dez anos, alcanzou a maioría de idade en [[1112]], cando cumpriu os 17 anos.{{sfn|Takayama|1993|p= 20}} O segundo fillo de Adelaida, Roxerio II, tomou o control do condado en 1112, pero hai probas de que Adelaida seguiu desempeñando un papel central no goberno da illa, xa que a súa sinatura pode verse nos documentos oficiais que se conservan, incluso despois de 1112.{{sfn|Takayama|1993|p= 47}}
 
Adelaida, e Roxerio II despois dela, decidiron gobernar coa axuda de funcionarios locais en lugar de importar un séquito de asesores estranxeiros, xa que recoñecen a gran vantaxe da súa familiaridade coa illa, a súa xente e as súas culturas. Do mesmo modo, tivo o coidado de doar xenerosamente aos mosteiros ortodoxos gregos de Sicilia como unha forma de ganar o favor das autoridades relixiosas preexistentes.{{sfn|Houben|2002}} Ben sexa pola sú influencia ou baixo a súa rexencia, ao seu irmán [[Henrique del Vasto, fillo de Manfredo del Vasto|Henrique del Vasto]], que estaba casado cunha filla de Roxerio I, se lle concederon [[Paternò]] e [[Butera]].
 
Como curiosidade pódese citar que o primeiro documento en [[papel]] de [[Europa]] é unha carta ditada en [[castelán medieval]] e escrita en caracteres gregos e árabes que a Adelaida del Vasto enviou en [[1109]] ao seu fillo Roxerio, futuro [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]]. Este novo material de escritura chegou a [[París]], a través de [[España]], coincidindo coa inauguración da Universidade desa cidade.<ref>{{Cita libro |apelidos=Illich |nome=Iván |título=En el viñedo del texto|ano=2002|editorial=Fondo de Cultura Económica|isbn=968-16-6531-7|páxina=150}}</ref>
 
=== Raíña consorte de Xerusalén ===