Roxerio de Hauteville: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. das wikis en italiano e inglés
 
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
Liña 25:
|lema = <small>Escudo de Roberto Guiscardo</small>
}}
'''Roxerio de Hauteville''', coñecido como '''Roxerio Borsa''' (en [[lingua latina|latín]], ''Rogerius [cognomento] Bursa''), nado contra [[1060]], quizais en [[Melfi, Italia|Melfi]], e finado en [[Salerno]] o [[22 de febreiro]] de [[1111]], foi un [[nobre|cabaleiro]] [[Normandos|normando]] que foi [[Ducado de Puglia e Calabria|duque de Puglia e Calabria]] desde [[1085]] a [[1111]].{{sfn|Norwich|1967|p=219}}
 
== Traxectoria ==
Liña 39:
 
Unha coincidencia singular foi o feito de que Roxerio, herdeiro das posesións italianas, estivese en Grecia no momento da morte de Guiscardo, mentres que Boemondo, herdeiro de Durazzo (hoxe [[Durrës]]) e doutros feudos [[Imperio bizantino|bizantinos]], estaba en Italia, precisamente en Salerno.
 
Roxerio reencontrouse coa súa nai en [[Cefalonia]] e, xunto con ela, regresou á súa terra natal, onde en setembro, grazas tamén ao apoio do seu tío [[Roxerio I de Sicilia]], foi recoñecido como duque de Puglia e Calabria. Unha chegada que non deixou de espertar reaccións: Boemondo, o medio irmán descartado da sucesión, respondeu con armas ao ascenso de Roxerio e, co apoio do príncipe Iordán I de Capua, ocupou os castelos de [[Oria, Italia|Oria]], [[Otranto]] e [[Tarento]], chegando a un acordo de paz en marzo de [[1086]]. Bohemondo converteuse en co-rexente de feito xunto co seu irmán, pero xa no verán de [[1087]] dirixiu unha nova revolta e, co apoio da maioría dos vasalos de Roxerio, conseguiu derrotar a este último en [[Fragneto]], recuperando tamén a posesión de Taranto. Aínda que foi descrito como un guerreiro forte e temíbel, capaz de conquistar as cidades de [[Benevento]], Canosa, [[Capua]] e [[Lucera]] con hábiles asedios, Roxerio Borsa nunca foi capaz de igualar o poder de Bohemondo, nin de someter a este baixo o seu control. O enfrontamento entre os dous irmáns acabou só coa mediación do papa Urbano II, que recoñeceu en Bohemondo a posesión do [[Principado de Tarento]] e outros numerosos castelos, mentres que Roxerio tamén lle garantiu o feudo de [[Cosenza]] e a propiedade de feito doutros dominios. En [[1089]] Urbano II investiu oficialmente a Roxerio Borsa no [[ducado de Puglia]], poñendo fin a calquera controversia.
 
En maio de [[1098]], motivado polas peticións do seu curmán Ricardo II de Capua, xunto co seu tío Roxerio de Sicilia, comezou o cerco da cidade de Capua, da que o príncipe fora exiliado sete anos antes como menor. A cambio, o duque recibiu de Ricardo un acto formal de submisión ao seu señorío. Roxerio mantivo o seu compromiso e Capua caeu despois de corenta días de asedio.
 
== Matrimonio e descendencia ==
En [[1092]], Roxerio Borsa casou con [[Adela de Flandres]], filla de Roberto o Frisón, [[conde de Flandres]], e xove viúva do rei [[Dinamarca|danés]] [[Canuto]] IV o Santo. Desta unión, Roxerio tivo polo menos trois fillos: Luís, que morreu de neno en 1094, Guiscardo, e seu herdeiro [[Guillerme II de Puglia|Guillerme de Puglia]].
 
Dunha concubina tivo outro fillo, Guillerme de Xesualdo.
 
== Notas ==
Liña 51 ⟶ 60:
* Norwich, John Julius (1967): ''The Normans in the South 1016-1130''. Longmans: London.
* Norwich, John Julius (1970): ''The Kingdom in the Sun 1130-1194''. Longman: London.
 
{{historia en progreso}}
 
{{control de autoridades}}