Gregorio Ferro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai.

Trasladouse a [[Santiago de Compostela]] e ingresou como servinte, ou "rapaz de sancristía", no [[mosteiro de San Martiño Pinario]], onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura.

Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a [[Madrid]] con quince anos, e entrou na [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] da man de [[Anton Raphael Mengs]].

Despois marchou a [[Roma]] a completar a súa formación e alí gañogañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en [[1781]] Académico de San Fernando grazas a un cadro do ''Martirio de San Sebastián''.

En [[1788]] foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de [[Francisco Bayeu]], para pasar a ser o seu Director de Pintura en [[1791]] logo da renuncia de [[Francisco de Goya]]. En outubro de [[1804]] a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] o [[4 de novembro]]. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.
 
Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en [[Madrid]] e [[Aranjuez]], incluíndo varios frescos no [[Palacio Real de Madrid|Palacio Real]] e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais doutras obras menores na zona de [[Rexión de Murcia|Murcia]], [[provincia de Cuenca]] e [[Galicia]] sobre todo.