Xogos Olímpicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
AmilGZ (conversa | contribucións)
A RAG non contempla as siglas XXOO, como daba a entender a redacción.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 3:
:::''Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este [[Xogos Olímpicos da Antigüidade|artigo]].''
 
Os '''Xogos Olímpicos''' ('''XX. OO.''')<ref>{{DRAG|xogo}}</ref> ('''''Jeux Olympiques''''' en [[Lingua francesa|francés]], e '''''Olympic Games''''' en [[Lingua inglesa|inglés]]),<ref>O inglés e o francés son os dous idiomas oficiais do [[Movemento Olímpico]].</ref><ref name="cartaolimp">{{cita web|título=Olympic Charter|url=http://www.olympic.org/Documents/olympic_charter_en.pdf|formato=PDF|editor=[[Comité Olímpico Internacional]]|dataacceso=30 de agosto de 2018|idioma=inglés}}</ref>{{rp|54}} ou '''olimpíadas'''<ref name="Olimpiadas">{{DRAG|olimpíada}}</ref> son o maior evento [[Deporte|deportivo]] internacional [[evento multideportivo| multidisciplinario]] no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes.<ref name="enciclopedia">{{Cita web | url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/428005/Olympic-Games | título=Olympic Games | publicación=[[Encyclopædia Britannica]] | dataacceso=24 de xaneiro de 2013 | idioma=inglés}}</ref> Existen dous tipos: os [[Xogos Olímpicos de Verán]] e os [[Xogos Olímpicos de Inverno]], que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a [[Carta Olímpica]]: «Os xogos da olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha olimpíada, e os Xogos Olímpicos de inverno durante o seu terceiro ano».<ref name="cartaolimp"/>{{rp|23}}
Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nos [[Xogos Olímpicos da Antigüidade|do século VIII&nbsp;a.&nbsp;C.]] organizados polos [[Grecia antiga|antigos gregos]] na cidade de [[Olimpia]], entre os anos [[-776|776&nbsp;a.&nbsp;C.]] e o {{ DC|393}} No [[século XIX]], xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións do [[Nobreza|nobre]] [[Francia|francés]] [[Pierre de Coubertin|Pierre Frèdy, barón de Coubertin]]. O barón de Coubertin fundou o [[Comité Olímpico Internacional]] (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador do [[Movemento Olímpico]], coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade.
 
Liña 14:
O Movemento Olímpico consta de Federacións Internacionais de cada deporte, Comités Olímpicos Nacionais e Comités Organizadores de cada edición. O COI é responsable da elección da cidade sede. Segundo a Carta Olímpica, a cidade anfitrioa é responsable da organización e o financiamiento dos Xogos. O programa olímpico, composto polos [[Deportes olímpicos|deportes disputados nos Xogos]], tamén está determinado polo COI. Existen diversos símbolos e cerimonias olímpicas, como a [[Aneis olímpicos#Bandeira olímpica|bandeira]] e a [[Lapa olímpica|facho]] olímpico, así como as cerimonias de apertura e clausura. Preto de 13&nbsp;000 atletas compiten nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno en 33 deportes diferentes e en aproximadamente 400 eventos. Os gañadores do primeiro, segundo e terceiro lugar en cada evento reciben medallas olímpicas: ouro, prata e bronce, respectivamente.
 
Os Xogos Olímpicos constitúen unha oportunidade para o país e a cidade sede de darse a coñecer ao mundo.{{Cómpre referencia}}Na actualidade case todos os países están representados nos Xogos Olímpicos. Isto provocou diversos problemas: [[dopaxe]], subornos e actos de terrorismo. Cada dous anos, os Xogos Olímpicos e a súa exposición aos medios, proporcionan aos atletas descoñecidos a oportunidade de alcanzar a fama nacional e internacional, ao tempo que lles fai estar suxeitos a múltiples presións, o cal fai que algúns deles utilizen substancias dopantes para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa [[saúde]]. O [[Comité Olímpico Internacional]] estableceu dende [[1968]] os chamados [[Dopaxe nos Xogos Olímpicos|controis anti-dopaxe]] que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descualificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.
 
== Orixe e nome ==