Quimperlé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 39:
Durante a [[Alta Idade Media]] debeu existir un primeiro asentamento bretón que foi destruído no ano [[868]] debido a unha incursión [[Normandos|normanda]]. A cidade, unha vez reconstruída, tomou o nome actual.
 
Segundo a tradición, o [[14 de setembro]] de [[1029]] foi fundada a abadía beneditina da Sainte-Croix, que se arrequeceu rapidamente e despertou a codicia dos condes de [[Cornualles]] e despois dos [[Duque de Bretaña|duques de Bretaña]]. Non en van o xeógrafo árabe [[Al IdrissíIdrisí]] aseguraba en [[1154]] que "Kimberlik" era «unha cidade ben situada, pequena e animada, que posúe mercados activos e moitas industrias». No [[século XIII]] o duque Xoán I o Vermello mandou construír unha muralla para protexer á cidade baixa.
 
Durante o [[século XVI]] Quimperlé non se librou das perturbacións orixinadas polas guerras de relixión francesas, e incluso chegou a ser brevemente ocupada en [[1594]] polo exército español comandado por [[Juan del Águila]]. No [[século XVIII]] o comercio marítimo debilitouse debido á sedimentación na La Laïta, porén a actividade industrial aumentou, impulso que se acentuaría no [[século XIX]].