Estrato (xeoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «sí»
Liña 15:
[[Ficheiro:Lower Antelope Canyon 478.jpg|miniatura|esquerda|250px|Estratificación cruzada en arenitos, no [[Canón (xeomorfoloxía)|canón]] do
Antílope, [[Arizona]], [[Estados Unidos]].]]
Os estratos horizontais e uniformes poden evolucionar, en presenza de forzas tectónicas, sufrindo cambios de posición (''basculamento'', que pode levar incluso á súa inversión) e de forma ([[pregamento]]). Ademais algúns estratos aparecen desde a súa mesma orixe inclinados entre si e de espesor desigual, como ocorre na ''estratificación cruzada''. A xénese da estratificación cruzada é bastante simple nos procesos de recheo por sedimentos arrastrados polos ríos (areas, [[arxila]]s) cando chegan ao pé demonte dunha cordilleira e forman [[Cono de dexección|conos de dexección]], [[Terraza aluvial|terrazas]] e outras formas menores do relevo. Estes sedimentos dispóñense de acordo coa gravidade, e que se crucen entre si obedece a un cambio no curso do río que se desvía con cada enchente importante, que moitas veces son esporádicas como é típico nos climas áridos, polo simple feito de que a enchente do río produciu unha acumulación que as augas do río teñen que rodear pola súa maior altura, depositándose agora con [[buzamento]] (é dicir, unha inclinación), sentido e espesor diferentes. Co paso do tempo, esas areas ou arxilas poden consolidarse e formar rochas sedimentarias (arenitos, por exemplo, como é o caso da imaxe do Canón do Antílope) pero que conservaron a disposición orixinal das areas que formaron ditas rochas. Tamén pode verse unha [[estratigrafía|descontinuidade estratigráfica]] no centro da imaxe.
 
En resumo, estas ''superficies de estratificación'' reflicten heteroxeneidades do proceso de sedimentación, con cambios bruscos na natureza do sedimento ou interrupcións máis ou menos prolongadas do proceso de depósito.