Diferenzas entre revisións de «Grecia nos Xogos Olímpicos»

m
Reemplazos con Replacer: «anfitroa»
m (Reemplazos con Replacer: «anfitroa»)
| bronce = 40
}}
'''[[Grecia]]''' participou en cada unha das edicións dos '''[[Xogos Olímpicos de Verán|Xogos de Verán]]''', sendo un dos catro países do mundo en facelo. Grecia tamén competiu na maioría dos [[Xogos Olímpicos de Inverno]] e foi sede olímpica en dúas ocasións, ámbalas dúas en [[Atenas]]. Como lugar de orixe dos [[Xogos Olímpicos da Antigüidade]] foi unha elección natural como nación anfitrioa para o rexurdimento dos Xogos Olímpicos modernos en [[Xogos Olímpicos de 1896|1896]], e Grecia volveu ser a anfitroaanfitrioa en [[Xogos Olímpicos de 2004|2004]].
 
Durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos, Grecia sempre entra primeira no estadio para honrar o seu status como lugar de orixe dos Xogos, sendo a única excepción en 2004 cando Grecia entrou a última como nación anfitrioa. Antes dos Xogos, a [[lapa olímpica]] é acendida en [[Olimpia]], o lugar dos Xogos da Antigüidade, nunha cerimonia que reflicte rituais da [[Grecia antiga]] e que comeza os relevos do facho olímpico. A [[bandeira de Grecia]] sempre se iza na cerimonia de peche xunto coas bandeiras do país anfitrión actual e do vindeiro.
22.093

edicións