Diferenzas entre revisións de «Accidente de Los Rodeos»

m
Reemplazos con Replacer: «desixando»
m (Reemplazos con Replacer: «tripuación»)
m (Reemplazos con Replacer: «desixando»)
 
O avión da KLM permaneceu brevemente no aire despois do choque, pero o impacto cortou o motor 1 (exterior esquerdo), causou que gran cantidade de anacos resultantes da colisión fosen inxeridos polo motor 2 (interior esquerdo), e danasen as ás. A tripulación perdeu rapidamente o control e o 747 entrou en perda, inclinouse bruscamente e golpeou o chan a uns 150 m do punto de colisión, deslizándose outros 300 m pola pista. A carga total de combustible, a cal causara o atraso inicial, incendiouse inmediatamente.
 
Ámbolos dous avións quedaron destruídos. Os 234 pasaxeiros e 14 membros da tripulación do aparello neerlandés morreron. Pero houbo unha pasaxeira que se salvou, debido a que cando os pasaxeiros baixaron a tomar o aire antes de partir para Gran Canaria, negouse a volver a subir porque ela residía en Tenerife.<ref>[http://www.elmundo.es/cronica/2017/03/26/58d54e9522601d58468b45e4.html Robina: "Yo me preguntaba: ¿Por qué no estoy muerta?"]</ref> Mentres que no estadounidense faleceron 326 pasaxeiros e 9 membros da tripulación, principalmente debido ao lume e os estoupidos resultantes do combustible derramado e incendiado no impacto. Os outros 56 pasaxeiros e 5 membros da tripulación do avión da Pan Am sobreviviron, incluídos os pilotos e o enxeñeiro de voo. A meirande parte destes saíron pola á esquerda, o lado contrario da colisión, a través de buratos na estrutura da fuselaxe. Os motores do Pan Am aínda estiveron funcionando a potencia de engalaxe durante uns poucos minutos tras o accidente a pesar da intención do primeiro oficial de apagalos. A parte superior da cabina dos pilotos, onde se atopaban os interruptores dos motores, fora destruída na colisión, e todas as liñas de control estaban danadas, desixandodeixando á tripulación sen capacidade para controlar os sistemas do avión. Os superviventes esperaron polo rescate, pero este non chegou rápido, xa que os bombeiros non foron inicialmente conscientes de que había dous avións involucrados e estaban concentrados no KLM a unha certa distancia entre a densa néboa. Finalmente, a meirande parte dos superviventes nas ás saltaron ao chan.<ref name="Air Disaster Volume 1" />
 
== Investigación ==
22.093

edicións