Casa de moeda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 11 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Recuperando 12 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Liña 19:
As cecas eran adoito estables á fin do [[Idade Media|período medieval]], mais, así e todo, seguían a semellar máis obradoiros artesanais que importantes [[fábrica]]s de [[diñeiro]]. En [[1553]], o [[Calcografía|calcógrafo]] [[Francia|francés]] Antoine Brucher inventou o laminador, unha máquina accionada por un [[muíño]] que fabricaba láminas de [[Metais e aliaxes de cuñaxe|metal]] dun grosor constante facendo pasar lingotes varias veces entre dous [[cilindro]]s ou rolos de metal duro. Esta innovación, xunto coa da chamada prensa de volante, coa que se lograba inicialmente o recorte de discos uniformes e, nun segundo momento, a cuñaxe dos discos grazas á [[Volante de inercia|inercia provocada por un gran volante]], supuxeron o abandono da cuñaxe a martelo nas casas de moeda e o inicio do proceso industrial de produción de moeda.<ref>"[https://web.archive.org/web/20080511193902/http://www.monnaiedeparis.com/jeunes/frappee.htm Coining by hammer, from the origins to the XVI century]". ''Monnaie de Paris''.</ref> Esas primeiras máquinas, de considerables dimensións, tiñan que ser instaladas en instalacións máis grandes que os tradicionais obradoiros.<ref>"[http://sceco.univ-poitiers.fr/hfranc/frappresse.htm La frappe à la presse]". ''Université de Poitiers''.</ref><ref>"[http://sceco.univ-poitiers.fr/hfranc/index.htm La frappe au balancier]". ''Université de Poitiers''.</ref>
[[Ficheiro:Pincerno Hamburg-Meiendorf 011.jpg|miniatura|A '''casa de moeda''' de [[Hamburgo]]]]
A partir destas invencións e, particularmente, cos avances achegados pola [[Revolución Industrial]], comezaron a sucederse a melloras no proceso. Cara a [[1790]], os industriais ingleses [[Matthew Boulton]] e [[James Watt]] inventaron unha nova prensa [[Máquina de vapor|movida por vapor]] na súa [[Ceca de Soho|fábrica de Soho]], en [[Birmingham]], que daba un rendemento de 50 pezas por minuto.<ref>Gall, C. "[https://www.bbc.com/news/uk-england-birmingham-29462839 Matthew Boulton: The grandfather of modern coinage]". En ''BBC''. 20 de outubro de 2014.</ref> Probada inicialmente polos [[Comercio|comerciantes]] [[Francia|franceses]] [[Monneron|irmáns Monneron]], o uso da nova prensa xeneralizouse na ''[[Royal Mint]]'' de [[Inglaterra]], a partir de [[1805]].<ref>"La machine à vapeur". En "[http://classes.bnf.fr/franc/nav/index_rep.htm Technique de fabrication des monnaies]". ''Classes. Ressources Pédagogiques en Ligne''. [[Bibliothèque nationale de France|Biblioteca Nacional de Francia]].</ref> En [[1817]], o [[Alemaña|alemán]] Uhlhorn perfeccionou o modelo ata chegar a lograr un rendemento de 100 moedas cuñadas por minuto.<ref>"[https://books.google.es/books?id=xjxYDwAAQBAJ&pg=PT70&lpg=PT70&dq=%22Uhlhorn%22+%221817%22&source=bl&ots=a0WYVRJW32&sig=Q5RMp4_ojx2-DvOj4W_qxsAQork&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwi6l7a4voPfAhUS66QKHcJNCVUQ6AEwBHoECAUQAQ#v=onepage&q=%22Uhlhorn%22%20%221817%22&f=false Fabrication et production. 1. Les tecniques]". En [[Cécile Morrisson|Morrisson, C]]. (1992).</ref> E un novo paso deuno en [[1830]] o [[Enxeñaría|enxeñeiro]] [[Suíza|suízo]] [[Jean Pierre Droz]], quen introduciu no sistema a posibilidade de cuñar tamén o canto da moeda, de xeito simultáneo ao do [[anverso]] e o [[Reverso (moedas)|reverso]].<ref>[[Leonard Forrer|Forrer, Leonard]]. "Droz, Jean-Pierre". En [[iarchive:ForrerVol1/page/n9|''Biographical Dictionary of Medallists''. Vol. I]]. Spink & Son Ltd. Londres. 1904.</ref><ref>Tungate, S. "[http://sohomint.info/drozcollar.html Droz's Collar. An Innovation in Minting] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20190907150712/http://sohomint.info/drozcollar.html |date=07 de setembro de 2019 }}". ''Soho Mint''.</ref>
 
O avance máis recente na evolución dos métodos utilizados nas casas de moeda produciuse no inicio do [[século XX]], cando a [[electricidade]] substituíu o vapor como sistema para mover as prensas. Ademais, os avances da [[electrónica]] e da [[informática]], o [[CAD|deseño asistido por computador]] e o [[control numérico computerizado]] aplicado á elaboración dos cuños, así como a incorporación de novos materiais, fixeron que a produtividade chegase a cantidades como as 800 pezas por minuto nas factorías máis modernas, como a fábrica da ''[[Monnaie de Paris]]'' en Pessac ou a ''[[Fábrica Nacional de Moneda y Timbre]]'' de España.<ref>"[https://www.fleur-de-coin.com/articles/modern-minting Modern design and minting]". En ''Fleur-de-coin.com''.</ref><ref>"[https://www.mintageworld.com/blog/modern-coin-minting-process/# Coin Minting Process of Modern Coins]". En ''Mintage World''.</ref><ref>"[http://www.fnmt.es/gl/coins Moeda circulante. Proceso de acuñamento]". ''Real Casa de la Moneda. FNMT''.</ref>