Diferenzas entre revisións de «Steven Weinberg»

(→‎Notas: 30em)
Naceu no seo dunha familia [[xudaísmo|xudía]]. Estudou no ''Bronx High School of Science'', onde coñeceu a [[Sheldon Lee Glashow]], e licenciouse en [[física]] en [[1954]] na [[Universidade Cornell]]. No ano [[1957]] conseguiu o doutoramento na [[Universidade de Princeton]].
 
Revolucionou a [[física de partículas]], a [[teoría cuántica de campos]] e a [[cosmoloxía]] con con conceptos que aínda hoxe forman parte dos fundamentos do noso coñecemento da realidade física.<ref name=":0">{{Cita web|título=Steven Weinberg 1933–2021|url=https://cerncourier.com/a/steven-weinberg-1933-2021/|páxina-web=CERN Courier|data=2021-07-26|data-acceso=2021-07-28|lingua=en-GB}}</ref>
 
== Investigacións científicas ==
Iniciou a súa colaboración con [[Sheldon Lee Glashow]] e [[Abdus Salam]] ao redor da [[interacción electrodébil]], demostrando como o [[electromagnetismo]] e a [[Interacción nuclear débil|forza nuclear débil]] baixo certas condicións son unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as [[Partícula elemental|partículas]] e non tanto só aos [[leptón]]s. En [[1979]] Weinberg, xunto con Sheldon Glashow e Abdus Salam, serían galardoados co [[Premio Nobel de Física]] ''polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil'', que levaron ó descubrimento no [[Organización Europea para a Investigación Nuclear|CERN]] dos [[Bosón Z|bosóns Z]] e [[Bosón W|W]] no [[1983]].
 
Co seu traballo, levou á unificación ó paso seguinte a [[Isaac Newton|Newton]] coa súa unificación de [[Gravidade|leis gravitacionais]] celestes e terrestres e a comprensión de [[James Clerk Maxwell|Maxwell]] de que os fenómenos [[Electricidade|eléctricos]] e [[Magnetismo|magnéticos]] son expresión dunha [[Electromagnetismo|única forza]].<ref name=":0" />
 
== Bibliografía ==
15.300

edicións