Castelo (fortificación): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
m Reemplazos con Replacer: «Islam»
Liña 23:
Os oito séculos que durou a «[[Reconquista]]» (711-1492) levada a cabo polos reinos cristiáns do norte para recuperar as terras sometidas polos musulmáns mantiveron a Península Ibérica en permanente estado de guerra. Se ademais consideramos as tensións internas entre a nobreza e a monarquía, frecuentes durante a [[Baixa Idade Media]] e o [[Renacemento]], que derivaron ás veces en auténtica guerra civil, compréndese facilmente o papel que tiveron os castelos e o motivo da súa abundancia en España.
 
A maior concentración de castelos prodúcese en [[Castela]], que por esta circunstancia debe precisamente o seu nome. No ano [[800]], primeiro momento no que aparece na historia a denominación de Castela, as terras que algo máis dun século despois se unificarían no condado dese nome estaban salpicadas de castelos para a defensa do [[reino de León]] na súa fronteira co [[Islamislam]]. A medida que esa fronteira se foi desprazando contra o sur, e mentres o reino de Aragón se comprometeu tamén na empresa da reconquista, foise creando ao ancho de toda a península unha fronte abundante de fortificacións. Os árabes tamén construíron as súas propias obras de defensa, o que contribuíu ao número e variedade de castelos que podemos encontrar pola Península Ibérica.
[[Ficheiro:CastilloTurégano2.jpg|miniatura|240ppx|[[Castelo de Turégano]] (Segovia)]]