Diferenzas entre revisións de «Sueste asiático»

m
Reemplazos con Replacer: «Islam»
(Sueste Asiático (Sudeste Asiático en castelán))
m (Reemplazos con Replacer: «Islam»)
 
O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: [[China]] e [[India]]. Deles houbo influencias de tipo [[cultura]]l, [[Lingua|lingüístico]], [[Relixión|relixioso]] e [[Política|político]] que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.
 
Cara ao [[século I]] toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos brahmanas. Tales pobos trouxeron consigo o [[hinduísmo]] e moldearon as linguas primitivas con grandes achegas do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o [[século XV]], cando na península [[Indochina|Indochinesa]] se introduciu o [[budismo]] de Theravada desde [[Sri Lanca]] e nas illas comezou a introdución do [[Islamislam]]. Os séculos [[XVII]] e [[XVIII]] viron tamén a chegada do [[colonialismo]]. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi [[Tailandia]] (antiga [[Siam]]).
 
Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de [[Balí]], que formando parte do meirande país musulmán do mundo ([[Indonesia]]), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.
53.234

edicións