Dario Calomino: Diferenzas entre revisións

numismático e arqueólogo italiano
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Publícase o artigo.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2021 ás 10:40


Dario Calomino, nado o 8 de decembro de 1977 en Verona, é un numismático Italiano especializado na moeda republicana e imperial romana, e nas emisións provinciais romanas.[1]

Infotaula de personaDario Calomino
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1977
Verona, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Italiano.
EducaciónUniversidade de Padua.
Universidade de Verona.
Coñecido porEstudos de moeda da Antiga Roma.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónarqueólogo clásico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios
(2018): Premio Lhotka (RNS).

Traxectoria

Calamino concluíu o ensino secundario no Liceo Classico Statale Scipione Maffei, de Verona, en 1996; logo graduouse de Estudos Clásicos e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Padua, e acadou o mestrado en Arqueoloxía Romana en 2002, cun traballo sobre a romanización do Véneto. Posteriormente doutorouse en Ciencias Históricas e Antropolóxicas na Universidade de Verona en 2009, coa tese sobre as cuñaxes de Nicopolis en Epiro, dirixida por Alfredo Buonopane.[1][2][3]

Entre 2003 e 2011, Calamino traballou como investigador en diversos museos públicos italianos (Verona, Venecia, Piacenza, Rovereto, Brescia e Roma), estudando e catalogando as súas coleccións de moeda republicana e imperial romana, e de emisións provinciais romanas.[2] Entre 2012 e 2017 ingresou como investigador no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[3]

Simultaneamente, a partir de 2004 comezou a súa actividade docente como profesor axudante en materia numismática nas universidades de Padua e de Verona,[1] e no departamento de Arqueoloxía do King's College, da Universidade de Londres.[2][3]

Como arqueólogo, entre outros labores en Libia, Italia e Tunisia, participou en escavacións nos sitios arqueolóxicos-púnico-romanos de Sant'Antioco e Nora (Sardeña), na vila romana de Montegrotto Terme (Padua) e no foro romano de Grumentum (Lucania).[2][3]

Entre outras entidades asociativas e académicas, Calamino é membro da British Academy e da Royal Numismatic Society, de Londres.[2][3]

Recoñecementos

Publicacións

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos publicados por Dario Calamino ao longo da súa carreira:[5][6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Dario Calamino. Curriculum vitae". Università di Verona.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Calamino, Dario". En Coins Weekly. 15 de marzo de 2017.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Dario Calomino". Academia.edu
  4. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  5. "Calomino, Dario 1977-". Digital Library Numis.
  6. "Calomino, Dario". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía