Fidalguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
==A fidalguía en Galicia==
 
A formación da fidalguía característica de Galiza tivo lugar no [[século XVI]] ligada ao fenómeno dos [[Foro (privilexio)|foro]]s: [[escudeiro]]s, cregos e funcionarios investían os seus capitais para convertérense en arrendatarios dos dereitos dos mosteiros, que posuían a maioría da terra en Galiza. Desta maneira, os fidalgos exerceron durante catro séculos como intermediarios, cobrándolles aos labregos e dándolle parte ao clero. O fenómeno de acumulación foi relativamente rápido e non exento de coaccións.<ref>''[[Gran Enciclopedia Galega]]'': Vol. XVII, páx 106. Hidalguía.</ref>
 
Esta transferencia de capitais vese no feito de que, segundo salienta Juan E. Gelabert, en Santiago en [[1588]] o 13% da riqueza pertencía aos fidalgos e o 39% aos mercadores, mentres que en [[1635]] o repartimento era 43%-10%. Estes primeiros foreiros engrandeceron os seus patrimonios, estabeleceron [[morgado]]s e procuraron por todos os medios posíbeis a obtención dunha carta de fidalguía que confirmaba o seu ascenso social e os eximía de pagaren [[tributo]]s directos.