Nichelle Nichols: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «airadas»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «una»
Liña 18:
No seu papel como a tenente Uhura, participou no primeiro bico interracial na historia da televisión de Estados Unidos entre dous personaxes ficticios (en decembro de 1967 [[Sammy Davis Jr.|Sammy Davis Jr]]. e [[Nancy Sinatra]] bicáronse abertamente no programa de variedades ''Movin' with Nancy''), co actor [[Canadá|canadense]] William Shatner como capitán James T. Kirk no episodio de Star Trek de [[1967|1968]] ,''Os fillastros de Platón''. A escena provocou iradas protestas aínda que o bico foi o resultado dun control mental extraterrestre aos personaxes na serie e non produto dunha relación sentimental ou amorosa entre os personaxes da serie. O episodio non se transmitiu por televisión nalgunhas cidades meridionais como resultado das protestas neses estados. A anulación do episodio fixo que moitos seguidores protestasen; incluso os espectadores dos estados meridionais que non eran tan hostís como se temía.
 
Na súa autobiografía de [[1994]], Beyond Uhura, Star Trek and Other Memories, na páxina 197, Nichols cita unaunha carta dun branco do sur que lle escribiu: "... opóñome totalmente á mestura de razas. Con todo, en calquera momento que un raparigo americano con sangue nas veas como o capitán Kirk consegue a unha dama fermosa nos seus brazos que se pareza a Uhura, non debería deixala ir." Durante a súa aparición en Comedy Central o 20 de agosto de 2006, ela referiuse ao incidente e dixo ao presentador, "fagamos historia na TV outra vez... e vostede pode bicar o meu cu negro!"
 
A pesar da cancelación da serie en [[1969]], Star Trek continuou xogando un papel importante na vida de Nichols. Ela proporcionou outra vez a voz de Uhura en Star Trek: A serie animada, nun episodio da cal, ''O sinal de Lorelei'', Uhura asume o mando da nave ''Enterprise''. Nichols recoñeceu na súa autobiografía a súa frustración porque esta situación non ocorrese nunca nos episodios orixinais. Nichols interpretou o seu papel en seis das películas de Star Trek, sendo a súa última aparición en Star Trek VIN: Aquel país descoñecido.