James M. Carpenter: Diferenzas entre revisións

entomólogo estadounidense.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª con información das referencias
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de xullo de 2021 ás 22:12

James M. Carpenter é un entomólogo estadounidense.

Infotaula de personaJames M. Carpenter
Nome orixinalJames Michael Carpenter
Biografía
Nacementoséculo XX
?
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Estatal de Míchigan
Universidade Cornell
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónentomólogo, profesor universitario
EmpregadorCity College of New York
American Museum of Natural History
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Carpenter estudou na Universidad Estatal de Míchigan, onde acadou o B.S. en 1977, e na Universidade Cornell, onde obtivo o seu Ph.D. en 1983.[1]

Entre outros cargos desempeñados cómpre citar:[2]

  • Profesor adxunto do City College of New York desde 1996 á actualidade.
  • Conservador asociado de Himenópteros no American Museum of Natural History (Museo Norteamericano de Historia Natural), desde 1992 a 1995, e conservador desde 2010 á actualidade;
  • Cadeira da División de Zooloxía de Invertebrados do American Museum of Natural History desde 2012 á actualidade.
  • Profesor da Richard Gilder Graduate School do American Museum of Natural History desde 2008 á actualidade.
  • Profesor adxunto do City College of New York desde 1996 á actualidade.

Traballos recentes

As súas publicacións recentes abranguen temas desde a taxonomía até a etoloxía, e continúa investigando a sistemática da familia dos véspidos en todo o mundo, á que se refiren a maior parte dos traballos publicadoa. O foco xeográfico estivo especialmente nas partes orientais e adxacentes da rexión paleártica. As publicacións que tratan sobre as avespas de Vietnam forman parte dunha colaboración de 20 anos con científicos de Hanoi. As publicacións da India proceden dunha colaboración iniciada hai uns seis anos, que agora engloba a dous grupos de investigación, en Kozhikode e Bengaluru. As publicacións relativas á China e Paquistán representan os primeiros froitos das colaboracións iniciadas hai máis de dous anos. Tamén continúa a publicar sobre os véspidos da rexión neotropical, especialmente de Brasil e da Güiana Francesa, con coautores cos que comezou a colaborar hai 20 anos en ambos os casos.[1]

Notas