Miscocitarinos: Diferenzas entre revisións

xénero de insectos
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. da wiki en inglés e das referencias
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de xullo de 2021 ás 20:37

Miscocitarinos
Mischocyttarini

Raíña de Mischocyttarus flavitarsis
construíndo o niño
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Familia: Vespidae
Subfamilia: Polistinae
Tribo: Mischocyttarini
Carpenter, 1993
Xénero: Mischocyttarus
de Saussure, 1853
Especies
Véxase o texto

A dos miscocitarinos (Mischocyttarini) é unha tribo de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, unha das catro en que se divide a subfamilia dos polistinos. Comprende un só xénero, Mischocyttarus.[1]

Características

Os lóbulos tarsianos asimétricos de Mischocyttarus sepáranos da tribo dos epiponinos. Mischocyttarus é o maior xénero de avespas eusociais, xa que comprende máis de 200 especies e subespecies.[1]

As avespas do xénero Mischocyttarus constrúen un niño relativamente sinxelo. Ás veces, o niño constrúese a un metro do niño de Polistes carnifex.[2]

As obreiras levan néctar e pequenas eirugas de volta ao niño para alimentaren ás larvas en desenvolvemento que están aloxadas individualmente en celas separadas do niño.[3] Non todos os niños teñen unha femia con ovarios desenvolvidos.[2]

A súa bioloxía é similar á das especies do xénero Polistes. Porén, Mischocyttarus parece amosar bastante máis flexibilidade social e reprodutiva que Polistes.

Taxonomía

Descrición

Tribo

A tribo foi descrita en 1993 polo entomólogo estadounidense James M. Carpenter.[1]

Xénero

O xénero fora descrito en 1853 polo naturalista, xeólogo e entomólogo suízo, especialista en himenópteros e ortópteros, Henri Louis Frédéric de Saussure.[1]

Sinónimos do xénero

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Artifex Silveira, 2008
  • Cerberus Silveira, 2008

Especies

O xénero comprende as seguintes especies:[1][4]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 James M. Carpenter: Tentative Chechlist of the Polistine Tribe Mischocyttarini.
  2. 2,0 2,1 Corn, Mary L. (1972): "Notes on the Biology of Polistes carnifex (Hymenoptera, Vespidae) in Costa Rica and Colombia". Psyche. 79 (3): 150–157.
  3. Reeve, Hudson K. (1991): "Polistes". En Kenneth G. Ross & Robert W. Mathew (eds.) The Social Biology of Wasps. Ithaca, Nova York, NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-9906-7, pp. 99–148.
  4. 4,0 4,1 [https://www.gbif.org/species/1309719 Mischocyttarus Saussure, 1853] no GBIF Consultado o 25 de xuño de 2021.