Mars Express: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Agremon (conversa | contribucións)
Liña 70:
== Desenvolvemento da misión ==
Mars Express foi lanzada a unha órbita arredor da [[Terra]] de 200&nbsp;km de altura o 2 de xuño de 2003 ás 17:45 [[UTC]] a bordo dun Soiuz-FG. Hora e media máis tarde, a etapa superior da Soiuz-FG á que a nave estaba acoplada acendeuse de novo, inxectándoa nunha órbita de transferencia cara Marte. A etapa superior e a Mars Express separáronse ás 19:17, co posterior despregue dos paneis solares por parte da nave. O 4 de xuño e en setembro executáronse sendas manobras de corrección de traxectoria, chegando a nave a Marte en decembro. O 19 de decembro ás 8:31 UTC, Mars Express liberou a pequena sonda de aterraxe Beagle 2, da que nunca máis se tiveron noticias. A nave acendeu os seus motores para entrar en órbita marciana o 25 de decembro ás 2:47 UTC durante 37 minutos, quedando nunha órbita altamente [[Elipse (xeometría)|elíptica]], cun [[periapse]] de 250&nbsp;km e un [[apoapse]] de 150.000&nbsp;km e unha [[inclinación orbital]] de 25 [[Grao sexaxesimal|graos]]. Tras varios acendidos do motor principal, o 30 de decembro Mars Express quedou na súa órbita de traballo, cun periapse de 258&nbsp;km e un apoapse de 11.560&nbsp;km e case 90 graos de inclinación orbital, e que sería modificada varias veces máis tarde. A misión nominal duraría un ano marciano (687 días), pero o bo estado da nave permitiu estender a súa misión varias veces.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/><ref name=gunter/>
 
=== Datos ===
No [[2021]], Mars Express, corroborou diversos datos: o 95 % da atmosfera marciana está constituída por [[dióxido de carbono]], o planeta ten tres capas de [[ozono]] (unha permanente, outra asociada a estacións no hemisferio norte e outra a estacións no hemisferio sur) entre 100 e 1000 veces máis tenues que na Terra.<ref>{{Cita web|título=Better understanding of Earth’s atmospheric chemistry from studying Mars?|url=https://www.esa.int/Science_Exploration/Space_Science/Mars_Express/Better_understanding_of_Earth_s_atmospheric_chemistry_from_studying_Mars|páxina-web=www.esa.int|data-acceso=2021-07-24|lingua=en}}</ref>
 
== Notas ==