Grunge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «artículo»
Liña 18:
 
== Orixe do termo ==
Aínda que o escritor Paul Ramball usou a palabra "grunge" nun artículoartigo de [[1978]] da revista ''[[NME]]'' para describir o rock ''mainstream'', [[Mark Arm]], o vocalista da banda de [[Seattle]] [[Green River]] (e posteriormente en [[Mudhoney]]) adoita ser considerado o primeiro en usar o termo grunge para describir este xénero musical. Arm usouno por vez primeira en [[1981]], cando escribiu unha carta co seu nome de pila Mark McLaughlin ao fanzine de Seattle ''Desperate Times'', criticando á súa banda Mr. Epp and the Calculations como "''Pure grunge! Pure noise! Pure shit!''" (Puro grunge! Puro ruído! Pura merda!). Clark Humphrey, editor de ''Desperate Times'', cita este feito como o primeiro uso do termo para referirse a unha banda da cidade, e menciona que [[Bruce Pavitt]] de [[Sub Pop]] popularizou a palabra coo etiqueta musical en 1987–88, usándoa en varias ocasións para describir a Green River.
 
Arm dixo anos despois, "''Obviamente, eu non inventei o grunge. Collino doutra persoa. O termo xa estaba sendo usado por toda [[Australia]] a mediados dos 80 para describir a bandas como [[King Snake Roost]], [[The Scientists]], [[Salamander Jim]] e [[Beasts of Bourbon]]''". Arm usou grunge como un termo descritivo en vez de como un termo para o xénero, pero este finalmente acabaría por describir o son híbrido punk/metal da escena musical de Seattle.