Diferenzas entre revisións de «Microfluídica»

engado imaxe
m (Reemplazos con Replacer: «e mais»)
(engado imaxe)
[[File:Microfluidics.jpg|250px|thumb|right|Dispositivos microfluídicos a base de polímero de silicona e vidro. Arriba: fotografía dos dispositivos. Abaixo: imaxes en [[contraste de fases]] dun canal en serpentina de ~15 [[μm]] de largura.]]
A '''microfluídica''' estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas. Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en [[mecánica de fluídos]] clásica poden ser dominantes<ref>Squires T. M.; Quake S. R. (2005). "Microfluidics: Fluid physics at the nanoliter scale" (PDF). Reviews of Modern Physics. 77 (3): 977–1026</ref>. Se por exemplo as forzas de [[fricción]] son predominantes con respecto ás forzas [[Lei da inercia|inercias]], o que se corresponde cun fluxo a baixo [[número de Reynolds]], o fluxo resultante é laminar sen [[Turbulencia|turbulencias]] apreciables. Isto dificulta a mestura de líquidos, que só pode ocorrer neste caso a través da [[difusión]]. Unha diferenza adicional é o posible dominio de [[forza capilar|forzas capilares]] sobre as [[Gravidade|forzas gravitatorias]]. Isto tradúcese nun [[número de Bond]] pequeno e como resultado o efecto do peso no transporte de pequenas cantidades de líquido é insignificante, o que contradí a experiencia cotiá.
 
186

edicións