IBM: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
actualizo CEO, empregados, beneficio
mSen resumo de edición
Liña 18:
Está presente en 170 países e conta con 345.000 empregados e activos valorados en máis de cen mil millóns de dólares (2005). É a maior compañía de [[tecnoloxía da información]] no mundo e unha das poucas con actividade dende o [[século XIX]]. As súas actividades abranguen todas as ramas da [[informática]] e da tecnoloxía da información: investigación, tecnoloxía, software e finanzas. Lidera a investigación en diversas áreas como na [[nanotecnoloxía]] e en ordenadores [[maiframe]].
 
[[Arvind Krishna]] ostenta o cargo de [[CEO]] dende o [[abril]] de [[2020]].
 
No ano 2002 adquiriu a sección de consultoría da firma de servizos [[PricewaterhouseCoopers]], dirixindo os seus negocios a consultoría para empresas, servizos e software, mantendo especial relevancia tamén a tecnoloxías de [[hardware]] e [[chips]] de gama alta. A rama de investigación, [[IBM Research]], conta con oitenta laboratorios no hemisferio norte, a metade deles fora dos Estados Unidos. Entre os seus empregados pódense contar cinco [[Premio Nobel|premios Nobel]]. Posúe tamén máis de 25.000 patentes no seu país de orixe, sendo este unha das principais fontes de ingresos da compañía.