Calleiro (sobremesa): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 1:
{{en uso}}
{{Outros homónimos|para=o órgano|calleiro}}
{{Comida preparada
Liña 61 ⟶ 60:
 
==Características==
O calleiro é moi semellante a un [[pudin de pan]].<ref name=volta>[https://www.vueltayvuelta.org/2018/02/bandullo-receta-de-pudin-de-pan-tipico.html Bandullo: receta de pudin de pan típico de Galicia en carnaval ]</ref> Os seus ingredientes básicos son: o leite, o pan seco, o azucre e os ovos. A estes ingredientes básicos engádense unha gran variedade de elementos. En moitas zonas bótanselle [[pasa]]s, [[améndoa]]s, [[figo]]s pasos, [[castaña]]s cocidas, [[mazá]], [[Noz (froito da nogueira)|noces]], [[manteiga]], [[pingo]], [[pexego]]s pasos ou [[Piñón (semente)|piñóns]], pero en cada unha delas, ou incluso en cada casa, engádense outros aromatizantes como [[nébeda]], [[caldo]] de ósos, [[canela]], [[Craveiro da India|cravo]], [[noz moscada]], [[mel]], [[comiño]], [[anís]], [[licor]]es ([[augardente]], [[Anís (licor)|anís]], [[coñac]], [[Xerez]] ou [[ron]]), [[cebola]] ou reladura de [[limón]].<ref name=vimianzo/><ref name=tvg/><ref>[https://vimeo.com/3521236 Vincha de Cerdedo]</ref><ref name=cocinoencasa/><ref>[http://sabequealimenta.blogspot.com/2013/11/calleiro.html Calleiro], na páxina web Sabe que alimenta.</ref><ref>[https://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-la-tierra/aqui-tierra-calleiro/3381397/ Aquí la Tierra- ¿Que es un calleiro?], 26 de novembro de 2015, [[TVE]].{{es}}</ref><ref name=vincha/><ref name=trad/>
 
Nalgunhas zonas é unha sobremesa típica do [[entroido]].<ref name=GDXL/><ref name=vincha>[http://gourmetymerlin.blogspot.com/2013/02/vinchas-bandullos-y-calleiros.html VINCHAS, BANDULLOS... Y CALLEIROS]{{es}}</ref><ref name=cocinoencasa>[http://cocinoencasa.blogspot.com/2009/02/el-pudin-gallego-bandullo-o-vincha.html El pudin gallego: bandullo o vincha]{{es}}</ref>
 
==Elaboración==
Córtase o pan duro en anacos e móllase no leite morno para que ablande. Desfaise todo o posible cun garfo ata que se faga unha especie de masa. Logo hai que engadir a manteiga derretida, o azucre, o sal e as especias que se queiran achegar, despois reméxese ben todo. Engádense os ovos batidos e mestúranse tamén coa masa. Despois hai que engadir a fariña e remexer de novo procurando que quede a masa ben homoxénea. Poden engadirse tamén o resto de ingredientes para dar o sabor característico de cada lugar, mesturándoos ben coa masa.<ref name=volta/><ref name=repos>{{cita libro|título=Repostería en Galicia|autores = [[Mariano García|García, Mariano]], [[Fina Casalderrey|Casalderrey, Fina]]|editorial=Edicións Xerais de Galicia|ano=1999 }}</ref>
 
Prepárase un molde untado con manteiga e fariña, nalgúns sitios faise con caramelo, e bótase a masa nel. Logo cócese no forno.<ref name=volta/><ref name=repos/>
 
==Etnografía==