Camiño de Fisterra-Muxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
m arranxiño
Liña 2:
O '''Camiño de Fisterra''' é o único dos [[Camiño de Santiago|Camiños de Santiago]] con orixe na cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]]. Realmente, trátase da continuación, prolongación ou epílogo dos diferentes Camiños e, de feito, hai unha tendencia a non conceder a categoría de ''Camiño de Santiago'' a este itinerario, e mesmo a cualificalo como pagán ou profano, en contraposición ó carácter relixioso doutros itinerarios que si se dirixen cara o Apóstolo <ref>"''A igrexa compostelá mirou nalgúns momentos con receo o feito de que os peregrinos continuasen viaxe a Fisterra e Muxía, trala estancia en Santiago''" (Manuel F. Rodríguez: ''Santiago de Compostela para los peregrinos. Guía secreta''. Bolanda ediciones, 2014, px. 178). Así, a Xacopedia dálle o nome de ''Camiño de Fisterra y Muxía'' pero tamén recolle as denominacións de ''Prolongación del Camino a Fisterra y Muxía'', ''Prolongación Jacobea a Fisterra y Muxía'' e ''Prolongación Jacobea a Finisterre''. Outras fontes, como ''Vivecamino.com'' (de ''La Voz de Galicia'') dálle soamente o nome de ''Camiño de Fisterra-Muxía'', o mesmo que fai ''caminodesantiago.gal'' (da Xunta de Galicia); os folletos turísticos editados pola Xunta de Galicia tamén utilizan sempre a denominación ''Camiño de Fisterra-Muxía''. Finalmente, a web ''consumer.es'' denomínao unicamente ''Epílogo a Fisterra y Muxía''.</ref>, unha vez alcanzada a meta da peregrinación a Santiago. Tras visitar ó Apóstolo na catedral, numerosos peregrinos deciden continuar a ruta para rematar a súa viaxe en Fisterra ou en Muxía.
 
Con este Camiño, os peregrinos que se dirixen a [[Fisterra]] pretenden alcanzar a fin do mundo antigo, o ''finis terrae''. Os que optan por camiñar cara [[Muxía]] buscan visitar o [[santuario da Virxe da Barca]], onde a tradición di que quedou petrificada a a barca na que a [[Virxe María|Virxe]] veu animar a [[Santiago o Maior|Santiago]] na súa predicación en [[Galicia]]; a barca sería o que hoxe se coñece como a [[Pedra de Abalarabalar]], a vela sería a ''Pedra dos Cadrís'' e unha terceira pedra coñécese como a ''Pedra do Temón''.
 
== Historia ==