Túpac Amaru II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 15:
'''José Gabriel Condorcanqui Noguera''', '''marqués de Oropesa''' chamado igualmente '''José Gabriel Túpac Amaru''',<ref name="family1">[http://histfam.familysearch.org/getperson.php?personID=I124&tree=Peru] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160303204547/http://histfam.familysearch.org/getperson.php?personID=I124&tree=Peru |date=03 de marzo de 2016 }} APU SAHUARAURA, Justo, Noticia importante para el conocimiento de la posteridad, en: Cornejo Bouroncle, Jorge Op. cit., p. 133.</ref><ref>Usou indistintamente os dous nomes.</ref><ref name="ref_duplicada_1">''Enciclopedia Temática del Perú''.</ref> nado en Surimana, Canas, Vicerreinado do Perú o [[19 de marzo]] de [[1738]] e finado en [[Cuzco]] o [[18 de maio]] de [[1781]], coñecido posteriormente como '''Túpac Amaru II''' ou simplemente '''Túpac Amaru''', foi un caudillo indíxena líder da maior rebelión anticolonial que se deu en [[Hispanoamérica]] durante o [[século XVIII]]. Descendía de [[Túpac Amaru|Túpac Amaru I]] (derradeiro Sapa Inca, [[Pena de morte|executado]] polos españois no [[Século XVI|século]] XVI).
 
Liderou a denominada «Gran rebelión» que se desenvolveu no [[Vicerreinado do Río da Prata]] e o [[Vicerreinado do Perú]], pertencentes ó [[Monarquía EspañolaEspaña|Reino de España]], rebelión iniciada o [[4 de novembro]] de [[1780]] coa captura e posterior execución do corrixidor Antonio de Arriaga.
 
[[Curaca]] (xefe nativo) de Surimana, Tungasuca e Pampamarca, era adiñeirado e adicábase ó [[comercio]]. Tratábase dun personaxe de orixe [[Mestizo|mestiza]] (foi marqués de Oropesa) no que confluía o sangue do Sapa Inca [[Túpac Amaru]] coa dos crioulos. De feito, durante unha gran parte da súa vida, sendo criado até os 12 anos polo sacerdote crioulo Antonio López de Sos e logo no Colexio San Francisco de Borja, mostrou preferencia polo crioulo chegando a dominar o [[Lingua latina|latín]] e a empregar refinadas vestimentas hispanas, pero posteriormente vestiu como un nobre inca, fixo uso activo da lingua nativa [[Linguas quechuas|quechua]] na súa vida e proclamas, e foi excomulgado da [[Igrexa católica]].<ref name="ref_duplicada_2">[https://web.archive.org/web/20141018121338/https://www.scribd.com/doc/8611624/David-Cahill-La-sublevacion-de-Tupac-Amaru-y-sus-consecuencias], 1781.</ref>
 
No Perú foi recoñecido como o fundador da identidade nacional [[Perú|peruana.]] Foi unha figura capital para o réxime [[Juan Velasco Alvarado|velasquista]] (1968-1975) e dende entón permaneceu reivindicado no imaxinario popular.