Efecto Zeigárnik: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m Ligazón
Liña 4:
 
== Historia ==
A psicóloga [[Rusia|rusa]] [[Bliuma Zeigárnik]] estudou o fenómeno por primeira vez despois de que o seu profesor e psicólogo da [[Gestalt]], [[Kurt Lewin]] notase que un camareiro tiña mellores recordos dos pedidos aínda non pagos. Con todo, despois de completar a tarefa (despois de que todos pagasen) non puido lembrar máis detalles dos pedidos. Zeigárnik deseñou entón unha serie de experimentos para descubrir os procesos subxacentes a este fenómeno. O informe sobre a súa investigación foi publicado en 1927, na revista ''Psychological Research''.
 
A utilidade do recordo pode explicarse mediante a teoría de campo de Lewin: unha tarefa xa iniciada estabelece unha tensión específica da tarefa, o que mellora a accesibilidade cognitiva dos contidos relevantes.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Dynamic theory of personality : selected papers|url=https://www.worldcat.org/oclc/156864835|editorial=[Read Books]|data=[2007]|dataacceso=2020-10-25|ISBN=1-4067-6390-X|OCLC=156864835|apelidos=Lewin, Kurt, 1890-1947.}}</ref> A tensión alíviase ao completar a tarefa, mais persiste de se interromper. A través da tensión continua, o contido faise máis facilmente accesíbel e pode ser lembrado facilmente.<ref name=":0" />