Pescada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m NOMIG
Lles (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 5817510 de Lles (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 18:
A '''pescada''' ou '''pixota'''<ref>{{DRAG|pescada||||8 de febreiro de 2017}}</ref> son dous dos nomes comúns que recibe máis frecuentemente a especie ''Merluccius merluccius'', peixe da familia dos [[merlúcido]]s, da orde dos [[gadiforme]]s.<ref>Cada vez estase estendendo máis o castelanismo ''merluza'' (recollido polo DRAG como entrada tolerada aínda que non recomendada), e ''pescadilla'' para a de menor tamaño (aínda que máis grande que o da carioca).</ref>
 
Presenta un corpo fusiforme, moi alongado e comprimido lateralmente, de 40 a 70&nbsp;cm de lonxitude, podendo chegar até os 120. Posúe dúas aletas dorsais, a primeira moito máis curta ca a segunda. De cor cinsenta no lombo, clareando nos costados e máis prateada pola zona do ventre. Posúe uns ollos de gran tamaño así como unha boca grande, con dentes afiados.
 
Cando é aínda de pequeno tamaño denomínase '''carioca''', estando prohibida a súa captura e comercialización se non alcanza os 27&nbsp;cm.