Acordeón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Características ==
O primeiro prototipo de acordeón foi deseñado polo berlinés [[Christian Friedrich Ludwig Buschmann]] quen lle engadiu un fol á orixinal harmónica no ano 1822. O 6 de maio de 1829 o austríaco [[Cyrill Demian]] patentou un acordeón consistente en dúas caixas de madeira unidas por un fol flexible que se podía abrir e pechar para impulsar o aire. As caixas levaban dúas ringleiras de lingüetas unidas a botóns, que permitían seleccionar os sons mediante a súa pulsación. No ano 1880 engadíuselle un segundo teclado para a man esquerda que permitía facer o acompañamento da melodía tocada coa dereita. Desde ese momento o acordeón introduciuse na música tradicional de toda Europa.
[[Ficheiro:Cuarteto tradicional con acordeón.jpg|miniatura|Cuarteto tradicional con acordeonista]]
 
== O acordeón en Galiza ==
Na súa chegada a Galiza o acordeón fíxose moi popular nos [[Baile agarrado|bailes agarrados]],<ref name=":02">{{Cita libro|título=A música popular en Galicia|apelidos=Camafeita|nome=Olga|editorial=Universidade de Vigo|ano=2001|ISBN=|ref=|publicación=Proxecto de fin de carreira|en=|capítulo=Acordeón|url=https://www.regueifa.org/archivos/PROXECTO%20OLGA%20CAMAFEITA.pdf#page=82&zoom=page-width,-7,504}}</ref> ocupando o lugar, en ocasións, dos tradicionais [[Gaiteiro|gaiteiros]] en [[Romaría|romarías]] e [[Foliada|foliadas]]. Empregáronse tradicionalmente dous tipos: o acordeón diatónico, que só permite a [[Diatónica|escala diatónica]] e no que un mesmo botón emite unha ou outra nota segundo se abra ou peche o fol; e o acordeón cromático, que permite [[Escala cromática|escalas cromáticas]] e emite a mesma nota independentemente de se se abre o pecha o fol. O acordeón cromático integrouse desde mediados do século XX nos [[Cuarteto tradicional|cuartetos tradicionais]] e nas [[Charanga|charangas]] galegas, xunto a [[Gaita galega|gaitas]], [[Clarinete|clarinetes]] e [[Saxofón|saxofóns]].
 
Despois da [[Segunda Guerra Mundial]] o seu uso recuou, até que arredor de [[1980]], comeza a se recuperar na [[música tradicional]] de moitas partes de [[Europa]], e mesmo en grupos de música alternativa, como [[Mano Negra]]. É frecuente o seu uso na música galega contemporánea en grupos como [[Berrogüetto]], [[Os Cempés]], [[A Compañía do Ruído]] ou [[Os Diplomáticos de Monte-Alto]].