A princesa prometida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de ca.wiki
Liña 24:
}}
'''''A princesa prometida''''' (en {{lang-en|The Princess Bride}}) é un filme [[Estados Unidos de América|estadounidense]] dirixido por [[Rob Reiner]] que foi estreado en [[1987]]. Está baseada na [[novela]] homónima de [[1973]], da autoría de [[William Goldman]], que combina [[comedia]], [[aventura]], [[amor]] e [[fantasía]]. O filme foi dirixido por [[Rob Reiner]] sobre un guión do propio Goldman. Entre outros actores, [[Billy Crystal]], [[Peter Falk]] ou [[Fred Savage]] atópanse no elenco.
 
== Argumento ==
A narración está enmarcada por unha escena en que un neno enfermo na cama acepta sen ganas que o seu avó lle lea unha "historia de princesas e vinganza". O filme segue o fío da historia, interrompida polos comentarios do neno, cada vez máis interesado, e do avó:
 
Unha fermosa moza de nome Buttercup vive nunha granxa no país de Florin. A cada orde que dá ao seu criado Westley, este responde sempre "como desexe", e a fai rapidamente. Buttercup acaba por darse de conta que a frase "como desexe" significa que a ama. Xúranse fidelidade eterna e Westley marcha procurar fortuna para poder casar. Porén, o seu barco é atacado polo terrible pirata Roberts, coñecido por non deixar superviventes. Cinco anos máis tarde, crendo a Westley morto, Buttercup casa de mala gana co príncipe Humperdinck, herdeiro do trono de Florin.<ref>{{cita web|título=Princess Bride |url=http://www.nytimes.com/1987/09/25/movies/film-princess-bride-full-length-fairy-tale.html |editor=''The New York Times''}}</ref>
 
== Personaxes ==
Liña 44 ⟶ 49:
* [[Willoughby Gray]] como O rei
* [[Betsy Brantley]] como A nai
 
== Produción ==
Dende 1973, ano da publicación da [[The Princess Bride (novela)|novela]] de William Goldman, [[20th Century Fox]] asegurou os seus dereitos de adaptación en 500&nbsp;000 dólares. [[Richard Lester]] foi contratado para dirixir o filme e a produción estaba a piques de comezar cando o director de produción de Fox foi despedido. O proxecto deixouse de lado e Goldman mercou todos os dereitos de adaptación. Máis tarde, [[Rob Reiner]] namorouse da novela e conseguiu asegurar os dereitos de adaptación grazas ao apoio financeiro de [[Norman Lear]]. [3]
 
A rodaxe tivo lugar do 18 de agosto ao decembro de 1986 en Bakewell, Burnham Beeches, Castleton, os [[cantís de Moher]], [[Sheffield]] e os estudos Shepperton.
 
A música do filme foi composta por [[Mark Knopfler]], a excepción dos créditos finais compostos e interpretados por [[Willy DeVille]].
 
== Galería de imaxes ==