Berke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Islam»
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Berke Khan''', finado en [[1266]], foi un líder mongol da dinastía de [[Jochi]], o primoxénito de [[Genghis Khan]], gobernador do subkhanato da [[Horda de Ouro]] e o primeiro príncipe mongol en converterse ao [[Islamislam]] e declarar unha guerra aberta contra outra dinastía mongol.
 
==Traxectoria==
Liña 9:
Xunto con [[Sartaq]] en [[1251]], e por encargo de Batu, encabezou o exército que protexeu a [[Mongke]] no seu traslado ao centro do Imperio para ser proclamado Gran Khan polo ''kurultai''. O poderío e prestixio das súas tropas e as de Sartaq desprazaron á dinastía de [[Ögödei]] e [[Chagatai]] do poder mongol. Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de [[Ulaghchi]], gobernou con eficacia a [[Horda de Ouro]]. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por [[Daniel de Galitzia]] en [[1259]] e saqueou [[Polonia]], [[Lituania]], [[Bulgaria]] e a [[Tracia]] bizantina.
 
Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra os seu parente [[Hulagu Khan]]. Berke convertérase ao [[Islamislam]] e xurara vingarse do saqueo de [[Bagdad]] e da morte do [[Califa]] na campaña altamente destrutiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu volveu do ''kurultai'' que elixiu a [[Khublai Khan]] como [[Gran Khan]], dirixiuse cara o [[Cáucaso]]. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek ([[1262]]). O conflito continuaría co fillo de Hulagu [[Abaqa]].
 
O mundo estaba por primeira vez diante dunha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Genghis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara o centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no [[Mediterráneo]] por parte do [[Ilkhanato]] de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongol e Europa, pola súa vez, comezaba a respirar.